Sensibilización para o Emprendemento Cooperativo

 

 

 

 

 

O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre alternativas de autoemprego e emprendemento en colectivo. A través dun programa de sensibilización achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades, condicións, e as potencialidades deste modelo de empresa. Ademais, co coñecemento eliminamos prexuízos e desinformacións sobre o cooperativismo, e promovemos unha mentalidade de colaboración e traballo en equipo.

A programación 2025-2026 da Unión de Cooperativas EspazoCoop realízase en colaboración coa Rede Eusumo (Xunta de Galicia), e o Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo FSE Plus, Proxecto EspazoCoop Emprende.

O programa de sensibilización contempla a impartición de charlas divulgativas tituladas “E ti, coñeces a fórmula?” destinadas a aumentar o coñecemento e a comprensión sobre os valores e vantaxes do emprendemento en cooperativa, así como concienciar á xente sobre a súa relevancia para fomentar a economía local e o empoderamento das comunidades e colectivos, especialmente no rural, para mulleres e entre a mocidade, por ser unha ferramenta idónea nos procesos de participación e colaborativos.

Coas charlas cubriremos os seguintes obxectivos:

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar cómo o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

Axenda de sesións programadas

  • 15 de abril 2026 en Santiago de Compostela | E ti, Coñeces a Fórmula? |  Charla en Miraxe S. Coop. Galega
  • 20 de maio 2026 en A Coruña | E ti, Coñeces a Fórmula?  | Charla para a Fundación Mujeres | Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio | A Coruña

 


Máis información: contacta a través de 697 877 773 – patane@espazo.coop


Este programa enmárcase:

– No programa de actuación 2025-2026 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social.

– Programa de Empleo, Formación, Educación y Economía Social, EFESO, cofinanciado por el Fondo Social Europeo Plus para el periodo 2021-2027, a través del organismo intermedio CEPES.