Programa Consolida+. Consolidando o tecido cooperativo

[Edición 2025-2026]

 

 

 

 

 

O Programa Consolida+ Consolidando o tecido cooperativo da Unión de Cooperativas EspazoCoop, realizado no marco da programación 2025-2026 da Rede Eusumo, e do programa Efeso, é un servizo de asesoramento en procesos de consolidación e mellora de cooperativas que integran a base social da Unión de xeito gratuíto, e conta cun fondo de 590 horas ata outubro de 2026.

Cabe destacar que un 15% das horas do programa irán destinadas ao cooperativismo de ensino, reforzando o acompañamento sectorial especializado.

Se es unha cooperativa que quere mellorar a súa xestión diaria, aprender a planificar e anticiparse, marcar obxectivos, detectar necesidades e áreas de mellora, fortalecerse, analizar, avaliar e xerar un plan de acción operativo e estratéxico, este programa é para ti!.

Dende novembro de 2025 véñense beneficiando distintas socias en ámbitos e temáticas que necesitan abordar, o asesoramento prestado pode ir dende a diagnose inicial e a análise dalgunha-s área-s da empresa como a comercial, organizativa, económica e financeira, ata a planificación para implementar medidas de mellora.

Consolida+ busca manter e incrementar o emprego cooperativo, mellorar as condicións de traballo e garantir a viabilidade e o crecemento das cooperativas usuarias mediante o acompañamento personalizado. Como obxectivos márcase:

Dar soporte e apoio ás socias para a consolidación.

Acompañar ás socias, órganos directivos e consellos reitores para asumir con garantías o seu papel de goberno e xestión.

Impulsar o encontro e as relacións entre cooperativas.

Facilitar ferramentas específicas de xestión empresarial.

As usuarias do Programa Consolida+ terán á súa disposición un recurso formativo na plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas, trátase do curso en liña «Ferramentas Básicas de Xestión Cooperativa» (20 horas), sobre organización societaria e xestión empresarial en cooperativas, co que complementarán o asesoramento recibido e refrescarán aspectos básicos do modelo cooperativo, sempre que sexa recomendada a súa realización polo persoal técnico do Programa.

Ademais, o longo do programa organizaranse:

  • 3 webinars que permitirán tratar tres temáticas de interese para as cooperativas participantes en Consolida+, ao mesmo tempo estimular a intercooperación entre elas. Serán sesións formativas e informativas para a mellora dos proxectos cooperativos.
  • A elaboración dun recurso audiovisual para difundir e dar a coñecer Consolida+, así como pór en valor casos de éxito dos procesos de mellora polos que pasan as cooperativas que participan.
  • Por último realizarase un evento de comunicación de resultados en setembro de 2026, servirá para compartir os resultados coas usuarias dos acompañamentos, así como con outras destinatarias e interesadas, para intercambiar impresións, experiencias e seguir construíndo rede.

Curso en liña | Ferramentas básicas de xestión cooperativa | 20 h.

As usuarias do Programa Consolida+ teñen á súa disposición un recurso formativo na plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas, trátase deste curso en liña «Ferramentas Básicas de Xestión Cooperativa» (20 horas), sobre organización societaria e xestión empresarial en cooperativas, co que complementarán o asesoramento recibido e refrescarán aspectos básicos do modelo cooperativo, sempre que sexa recomendada a súa realización polo persoal técnico do Programa.

Inscrición aberta

O curso desenvólvese na modalidade de teleformación. As persoas interesadas inscribiranse a través deste formulario. Unha vez reciban as claves de acceso, poderán entrar no curso onde terán ao seu dispor os materiais teóricos e ferramentas complementarias. O curso estará aberto na plataforma mentres estea activo o programa (ata 30 de setembro 2026) , promovendo así a flexibilidade e a posibilidade de que cada quen organice o seu tempo de estudio. O curso, que o alumnado pode facer na modalidade de autoformación, contará co apoio, se fose necesario, das persoas do equipo técnico de EspazoCoop.

PROGRAMA «Ferramentas Básicas de Xestión Cooperativa» neste enlace

Se es unha cooperativa interesada, aínda que non esteas actualmente participando dentro do Programa Consolida+ , podes inscribirte igualmente e a Unión contactará contigo.


Por que solicitar Consolida+ ?

SE ES UNHA COOPERATIVA INTERESADA EN CONSOLIDA+

PONTE EN CONTACTO CON ESPAZOCOOP!

Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop – info@espazo.coop – 981 57 55 78

www.espazo.coop


ESTA INICIATIVA, CONSOLIDA+, CONTA CO APOIO E ENMÁRCANSE NOS PROGRAMAS:

Programa 2025-2026 da REDE EUSUMO, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.

Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus para o periodo 2021-2027, a traves do organismo intermedio CEPES.