Presentación
«EspazoCoop Emprende»
O teu futuro é cooperativa
Data: Mércores 29 de maio 2024
Hora: 10:00 da mañá
Lugar: Hotel Porta do Camiño – Santiago de Compostela
Desde EspazoCoop comprácenos convidarvos a asistir á Presentación «EspazoCoop Emprende», proxecto que busca aumentar as competencias emprendedoras, a creación de empresas cooperativas, e garantir a supervivencia empresarial, mediante o asesoramento e o acompañamento a grupos de persoas promotoras que queiran pór en marcha novos proxectos empresariais de autoemprego.
10:00 horas Benvida e presentación
Introdución a cargo de Ana Olveira, Presidenta de EspazoCoop e presentación do programa EspazoCoop Emprende por Lucía Mendoza, Directora Xerente de EspazoCoop.
Intervención de autoridades convidadas:
- Xunta de Galicia
- Isabel Rueda Cuerva, Coordinadora da Área de Fondos Comunitarios de CEPES (Confederación Empresarial Española de Economía Social)
10:30 horas Mesa redonda Cooperativas Emprendedoras
Experiencias de 3 cooperativas emprendedoras e participantes nos itinerarios de emprendemento EspazoCoop:
- Nave de lata S. Coop. Galega: sector cultural
- Arreda S. Coop. Galega: sector forestal
- 15Cero11 S. Coop. Galega: sector moda
Problemáticas e desafíos:
- Desafíos de constitución para cooperativas emerxentes.
- Estratexias para a construción e xestión dunha cooperativa.
- Sustentabilidade e resiliencia: como as cooperativas enfrontan os desafíos do mercado a longo prazo.
- Acompañamento de EspazoCoop a través dos programas EspazoCoop Emprende e Emprender en Cooperativa.
11:30 horas Coloquio con preguntas ás persoas participantes
Colaboración aberta e preguntas do público dirixidas aos representantes das cooperativas participantes.
12:00 horas Clausura institucional
12:10 horas Café-networking
>> INSCRICIÓN, neste enlace: Presentación EspazoCoop Emprende
EspazoCoop Emprende conta con financiamento do Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través do organismo intermedio CEPES, no marco do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social (EFESO). Esta iniciativa ten como obxectivo aumentar as competencias emprendedoras e incrementar o número de empresas e iniciativas de autoemprego colectivo creadas baixo fórmulas de economía social, así como sentar as bases para a súa supervivencia a través de servizos de apoio e asesoramento ao emprendemento.