A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar aposta por mellorar a comunicación e visibilidade das cooperativas coa organización do obradoiro “Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa ! “.

Este obradoiro, dirixido principalmente ás cooperativas, está estruturado en dúas sesións que se celebrarán os días 17 e 18 de decembro nas aulas CeMIT da Xunta de Galicia en A Coruña. Ambas sesións celebraranse en horario de tarde das 16:30 h. as 19:30 h.

A través deste obradoiro as persoas participantes aprenderán a crear, deseñar e autoxestionar o seu propio Blog ou Website a través do manexo do software libre WordPress.

Máis información : no teléfono 981 558 008 ou no enderezo  info@eusumo.coop.

Fai clic : Díptico e Cartel