O Consello Galego de Cooperativas estará presente na 12ª edición do Fórum Gastronómico A Coruña´14 que se celebra dende o 23 ao 25 de febreiro de 2014 en ExpoCoruña.
O Cogaco conta cun stand institucional que porá a disposición das/os cooperativistas como axuda a súa posible participación. Co fin de promover os produtos, ofreceráselles ás cooperativas os seus propios espazos de protagonismo.
A proposta do Cogaco comprende tamén outras actividades paralelas orientadas a potenciar os produtos do sector cooperativo galego:
– Sesión de cociña en directo con degustación, elaborada por cociñeiros/as galegos/as con produtos cooperativos.
– Cata de viños cooperativos dirixida por un enólogo.
Dende a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, convidan ás cooperativas interesadas en participar neste espazo, e poden leer a invitación completa e o contacto da organización, premendo aquí : INVITACIÓN FORUM GASTRONOMICO A CORUÑA