Axenda o Día! : “Xornada Cooperativismo de Consumo e Comunidades Enerxéticas”, transformando o modelo de consumo
Xa temos día para a “Xornada de Cooperativismo de Consumo e Comunidades Enerxéticas”, para tratar respostas cooperativas ás formas de consumir, outras maneiras de entender e practicar o consumo e como contribuír á transición ecosocial en sectores emerxentes como as enerxías renovables, economía circular, ou a vivenda en cesión de uso.
O cooperativismo galego vive un momento de crecemento sostido, onde as cooperativas de consumo representan unha parte estratéxica en impacto social, neste sentido, en EspazoCoop contamos cunha Sectorial de Consumo para favorecer a interrelacción e os grupos de traballo independentes, ademais, desenvolvemos o Proxecto Ec4Rural: Transición enerxética limpa no rural a través das comunidades enerxéticas, liderada pola UVigo, nun consorcio de socias de Estonia, Bélxica e España, que promoven a creación de enerxía comunitaria, a participación cidadá e a capacitación local para a transición enerxética. Hai 22 concellos do rural implicados no seu desenvolvemento.
Neste contexto, xurde a necesidade de celebrar a xornada do día 8 de outubro para promover o cooperativismo de consumo como vía para o desenvolvemento de comunidades enerxéticas locais, de vivendas en cesión de uso, e outras. Difundir o concepto e conectar cooperativas, asociaciacións, comunidades de montes, administracións e cidadanía a través da promoción de cooperativas de consumo, así como transferir coñecemento e metodoloxías en EC4Rural, é parte dos obxectivos do encontro.
Falaremos da situación do cooperativismo de consumo e das comunidades enerxéticas, analizaremos os principais retos e oportunidades con representantes de proxectos en marcha, presentaremos casos reais e aprendizaxes clave, en especial a vivenda en cesión de uso, presentaremos a formación online de EC4rural (nun formato Mooc), e finalizaremos cun xantar compartido no espazo do proxecto Guardabosques (Ecooo S. Coop.) que acollerá esta xornada.
Respecto da formación MOOC (Curso Masivo Aberto en Liña), que se presentará, queremos destacalo e poñelo en valor, xa que é un produto importante, son uns materiais xerados e testados ao longo do proxecto, que foron compilados e adaptados para converterse nun curso en liña, gratuíto e aberto a calquera persoa interesada. Deste xeito garántese unha maior difusión da aprendizaxe principal e dos resultados a un público máis amplo de forma doada de entender, así como a transferencia dos resultados mais aló do fin do desenvolvemento do proxecto.
- Cando e onde é a xornada? Será o día 8 de outubro en Guardabosques (Ecooo S. Coop.) na Aldea de Donelle – Gundivós (Sober). Ubicación: neste enlace en horario de 10 a 13.30 h.
- Aloxamento e transporte: Se as interesadas en participar precisan aloxamento para a noite previa, así como traslado dende as principais vilas, pode facerse constar nos comentarios da inscrición (posteriormente a organización contactará para pasar información sobre opcións de aloxamento e transporte para minimizar vehículos a mobilizar).
- 👉 👉 Inscrición: Formaliza o antes posible a túa 👉 inscrición
- Cartel e programa: neste enlace
PROGRAMA
10.00h Recepción e café de benvida.
Benvida por EspazoCoop, con Lucía Mendoza Fernández -Directora Xerenta-, e presentación do proxecto anfitrión, con José Vicente Barcia Magaz, coordinador do proxecto Guardabosques da cooperativa Ecooo.
10.30h Relatorios – Situación do cooperativismo de consumo e promoción das comunidades enerxéticas renovables.
Relatorio 1 | José Antonio Eiras Vila, socio de Nosa Enerxía S. Coop. Galega, membro do Consello Reitor de EspazoCoop, e responsable da Sectorial de Consumo da Unión. Situación do cooperativismo de consumo en Galicia (enerxía e vivenda).
Relatorio 2 | Almudena Fiunte, técnica do proxecto EC4Rural liderado pola UVigo. Presentación do proxecto EC4Rural.
10.50h Mesa – Análise dos principais retos e oportunidades: trámites administrativos, financiamento, inclusión social e escalabilidade.
– David Río González, coordinador do grupo de traballo de Redenerxía, representante do Concello de O Rosal, traballou como coordinador da Oficina de Transformación Comunitaria do Concello de O Rosal.
– Pablo Álvarez Rodríguez, Director de Negocio da División de Enerxía de ITG. | Centro Tecnológico Nacional, presentando o proxecto ENECORE (POCTEP), pilotos orientados á loita contra a pobreza enerxética, promovido pola FEGAMP.
– Miguel Teixido Sotelo, xerente do GDR Seitura 22, que a súa vez é o coordinador do proxecto de cooperación Redenerxía onde están catro comarcas /GDR.
11.40h Pausa
11.50h Mesa – Casos reais e aprendizaxes clave. Cooperativas de consumo e innovación social: a vivenda en cesión de uso.
– Fernando Malvar, Comunidade Local de Enerxías Renovables de Buchabade Sociedade Cooperativa Galega (enfoque dende as CVMMC).
– Marcos Durán, presidente de ACER Moeche (Asociación Comunidade de Enerxías Renovables de Moeche).
– Miguel Ángel Olmedo, Abante Jubilar S. Coop. cooperativa de vivenda integrando a comunidade enerxética.
12.50h Presentación de aprendizaxes de EC4RURAL – Presentación e lanzamento da formación Acción colectiva para a transición enerxética.
– Patane García Méndez, técnica da área de atención a cooperativas e responsable da formación EC4RURAL da Unión de Cooperativas EspazoCoop.
– Tania Gesto Casás, técnica de proxectos da área de investigación e innovación da Fundación Juana de Vega.
13.10h Debate aberto
13.30h Peche institucional
– Luis Fernández Guitián, Alcalde do Concello de Sober.
– Marta Mariño Regueiro, Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social (Xunta de Galicia)
13.45h Xantar
—
Esta iniciativa realízase no marco e co apoio dos programas:
– Proxecto EC4Rural : Transición enerxética limpa no rural a través das comunidades enerxéticas. Financiado por LIFE Clean Energy Transition sub-programme, e liderado pola Universidade de Vigo.



Leave A Comment