O Consello Galego de Cooperativas participará no l5º Salón Internacional de Gastronomía e Turismo (Xantar)  do 5 ao 9 de febreiro de 2014 en Ourense. O obxeto é impulsar as relacións institucionais das cooperativas e de mellora da comercialización dos seus produtos e servizos. Neste Salón haberá un stand do Cogaco, que terá unha zona de exposición con espazos individuais, onde os (as)  cooperativistas poderán ofrecer os seus produtos e servizos. Tamén haberá un punto de información onde se recollerán as peticións e solicitudes de información. Contarase ademais cun apartado adicado á “Rede Eusumo”, concentrado especialmente no apoio á creación de emprego e a impulsar servizos de información e asesoramento. Tamén se poderá visitar a exposición “Descubre as cooperativas”.

As cooperativas interesadas en participar ponden leer a invitación da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e o contacto da organización, premendo aquí. Accede aquí á nota de prensa da web do Salón Xantar 2014 : As cooperativas galegas presentarán os seus produtos en Xantar.