Chega a Feira ESDOMAR 2026 | Sábado 26 de setembro, Vigo
📢 PLANAZO de sábado!!😊 Bule! non quedes sen a túa praza.
Este 26 de setembro, no porto de Canido, celebraremos a terceira edición da Feria #ESDOMAR, un evento aberto e gratuíto para toda a comunidade.
EspazoCoop colabora con Fundamar na Feira ESDOMAR xunto á Confraría de Pescadores de Vigo, para realizar un ano máis un espazo de promoción da actividade de entidades da economía social vinculada ao mar. Será o vindeiro 26 de setembro de 2026 na Lonxa de Canido en Vigo, e trátase dunha iniciativa realizada co apoio da Rede Eusumo da Xunta de Galicia.
A Feira é un espazo de encontro da economía social para o emprendemento, a inclusión e a promoción da economía circular e os produtos locais da pesca artesanal, e tamén un lugar de encontro e intercambio da Economía Social para tecer rede entre entidades e cidadanía, co obxectivo de fortalecer o ecosistema da Economía Social e o Mar en Galicia.
Co obxectivo de promocionar os principios e valores da economía social entre a cidadanía, créase este espazo de difusión e encontro que ofrecerá un lugar onde coñecer e interactuar coas entidades de economía social da nosa contorna, onde as cooperativas terán un lugar para ser protagonistas.
👉 Que vas atopar?
- ACTIVIDADES para TODAS AS IDADES, algunhas precisan INSCRICIÓN:
- Embarcacións tradicionais galegas: unha ollada para descubrilas.
- Artes tradicionais para unha pesca sostible: descobre os tesouros que agocha a ría.
- Roteiro de navegación: viaxa a bordo dun galeón galego.
- O cooperativismo no mar: experiencias e casos de éxito.
- Paseo interpretativo: os ambientes litoriais do marisco.
- Capturas con arte: estampa e grava o mar.
- Baile tradicional: obradoiro de iniciacición para non perder a festa
- MÚSICA EN DIRECTO con A Buxaina e Zurrumalla.
- POSTOS DAS ENTIDADES DA ECONOMÍA SOCIAL para coñecer de preto os seus proxectos, iniciativas e o seu impacto no territorio e na comunidade.
- PAPAROTADA E BEBIDA: para pasar o día.
🗓 Canido: sábado 26 de setembro
📍Onde: Lonxa de Canido
⏰Horario: de 10:00 ás 20:00h.
Agardámoste! Será unha xornada para divertirse, compartir e descubrir a forza da economía social.
Consulta o programa para non perder nada!

Ven gozar connosco!
Non o perdas!
+ INFO: fundamar@fundamar.org | Tel: +34 986 433 844 (ext. 8) | www.fundamar.org
Leave A Comment