Encontro de Intercooperación “Coñéceme para poder gustarche”
EspazoCoop en colaboración co Concello de Santiago organiza un encontro de intercooperación e networking “Coñéceme para poder gustarche”, o 17 de xuño de 2026 de 10 a 14 h, no Centro Sociocultural O Ensanche, rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 baixo, Santiago de Compostela.
Un espazo para facilitar o coñecemento mutuo das cooperativas e de dinamización de procesos de colaboración e intercooperación do ecosistema cooperativo.
A sesión está plantexada para :
- coñecer que fan outras cooperativas coas que se comparten necesidades e retos;
- identificar potencialidades e a complementariedade existente;
- por en valor o traballo colaborativo e as posibilidades de ofrecer servizos complementarios para escalar e gañar competencia.
A actividade servirá para coñecerse creando vínculos entre cooperativas do territorio, explorar posibles sinerxías e vías de colaboración realistas, reflexionar colectivamente sobre estratéxicas de intercooperación (colaboración entre cooperativas).
O encontro está dirixido para cooperativas interesadas en coñecer ou darse a coñecer no ecosistema da economía social e cooperativa poderán participar e reservar a súa praza; tamén as empresas de recente creación en procesos de expansión e consolidación e empresas consolidadas, en proceso de crecemento e/ou diversificación.
Durante a sesión disfrutarase dun servizo de café, na propia sala, a disposición das participantes ao longo do encontro.
PROGRAMA
- PRESENTACIÓNS (coñecemento mutuo)
- DINÁMICA DE INTERCOOP (interactuar)
- DEMANDAS E APORTACIÓNS (diálogo coas cooperativas, reflexión e achegas)
INSCRICIÓN neste enlace
*Actividade realizada no marco do Convenio de Colaboración 2026 entre a Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Concello de Santiago de Compostela no marco do programa municipal Feito en Santiago.

