EspazoCoop participa na xornada “As finanzas éticas na economía galega” organizada por Fiare

 

Desde EspazoCoop participamos a pasada semana na xornada “As finanzas éticas na economía galega”, organizada por Fiare Banca Etica no Pazo Baión, para reflexionar colectivamente sobre o papel das finanzas éticas dentro da economía galega. Un encontro centrado no papel das finanzas éticas na construción dun modelo económico máis xusto, sostible e centrado nas persoas que foi antesala da súa asemblea, celebrada nesta edición en Vigo.

A xornada serviu como espazo de intercambio entre entidades da economía social e cooperativa galega, favorecendo o diálogo, a creación de conexións e o fortalecemento de alianzas entre organizacións que compartimos valores e obxectivos comúns.

Desde Fiare Banca Etica destacaron a importancia de continuar tecendo redes de colaboración para impulsar un ecosistema económico comprometido co territorio, o ben común e a transformación social.

Para EspazoCoop, este tipo de encontros son fundamentais para seguir avanzando nun modelo económico máis participativo e cooperativo, no que as finanzas éticas xoguen un papel clave no apoio aos proxectos da economía social.

Queremos agradecer tamén a oportunidade de participar neste espazo de reflexión e intercambio xunto a outras entidades referentes do cooperativismo e da economía social galega.

Saber máis