Ilunion invita a participar ás cooperativas de EspazoCoop nunha nova oferta formativa
EspazoCoop acordou colaborar con Ilunion na promoción e difusión das súas accións e proxectos formativos.
Ilunion invita ás cooperativas de socias de EspazoCoop a participar nos seus cursos gratuítos, online e cunha persoa titora experta.
O proxecto inicio con máis de vinte accións formativas, cursos que duran entre 10 horas e 60 horas, desenvolvidos especialmente para o sector da economía social, sobre distintas materias e competencias transversais, actualmente estes son as accións formativas con prazas dispoñibles:
- Dixitalización da contorna empresarial
 - Competencias dixitais para a cidadanía-Básico Accesible Doble-A
 - Competencias dixitais para a cidadanía-Intermedio Accesible Doble-A
 - Teletraballo: ferramentas imprescindibles
 - Liderado dixital
 - Marketing en buscadores: SEO, SEM e Analítica web
 - Aforro enerxético e reciclaxe en oficinas
 - Xestión da seguridade informática
 - Ciberseguridade. Riscos e ameazas na rede
 - Venda online
 - Comercio electrónico
 - Atención á clientela e calidade do servizo
 
Infórmate e inscríbete a través da web do Proxecto Formativo, no marco da cooperación entre Ilunión e EspazoCoop: Neste enlace
Máis información: Temario – Accións formativas
