Ilunion invita a participar ás cooperativas de EspazoCoop nunha nova oferta formativa
EspazoCoop acordou colaborar con Ilunion na promoción e difusión das súas accións e proxectos formativos.
Ilunion invita ás cooperativas de socias de EspazoCoop a participar nos seus cursos gratuítos, online e cunha persoa titora experta.
O proxecto ten máis de vinte accións formativas, son cursos que duran entre 10 horas e 60 horas, desenvolvidos especialmente para o sector da economía social, sobre distintas materias e competencias:
- Xestión de colaboradores con discapacidade na contorna laboral da empresa
- As 5 dimensións da diversidade na economía social
- Empoderamento da muller con discapacidade
- Word básico 2016 (Accesible)
- Excel básico 2016 (Accesible)
- MS Outlook 2016 (Accesible)
- MS Word 2016 (Accesible)
- MS Excel 2016 (Accesible)
- MS Powerpont 2016 (Acesible)
- Dixitalización da contorna empresarial
- Inglés inicial
- Inglés intermedio
- Inglés avanzado
- Competencias dixitais para a cidadanía-Básico Accesible Doble-A
- Teletraballo: ferramentas imprescindibles
- Liderado dixital
- Ferramentas colaborativas Office 365
- Marketing en buscadores: SEO, SEM e Analítica web
- Aforro enerxético e reciclaxe en oficinas
- Perspectiva de xénero. Igualdade e desenvolvemento persoal
- Xestión da seguridade informática
- Ciberseguridade. Riscos e ameazas na rede
- Venda online
- Comercio electrónico
- Atención á clientela e calidade do servizo
- Como tratar con persoas tóxicas nas organizacións
- A negociación emocialmente intelixente
Infórmate e inscríbete a través da web do Proxecto Formativo, no marco da cooperación entre Ilunión e EspazoCoop: Neste enlace
Máis información: Temario – Accións formativas