Formación Cooperativa para Persoas que queren Emprender | Edición en Vigo, Xaneiro

Formación Cooperativa para Persoas que queren Emprender | Edición en Vigo, Xaneiro

EspazoCoop, Unión de Cooperativas Galegas, ten previsto iniciar o ano 2019 con obradoiros formativos en modalidade presencial, os mesmos abordarán diversos contidos relacionados co cooperativismo e as empresas cooperativas.

Estas actividades están dentro da Programación da Rede Eusumo e teñen carácter gratuíto.

Concretamente, a última semana do mes de Xaneiro de 2019 impártese unha acción formativa na localidade de Vigo cunha duración de 20 horas que se realiza en colaboración coa Universidade de Vigo e ECOBAS.

FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER

VIGO | 31 de xaneiro, 1, 5 e 7 de febreiro de 2019

Lugar: Universidade de Vigo – Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Sala 445). Campus As Lagoas, Marcosende, Vigo.

31 de xaneiro, 1, 5 e 7 de febreiro 2019 | 4 sesións | De 9:30 a 14:30 horas  |  Inscricións: teresa@espazo.coop – 986 866 149

>>> Consulta o Programa aquí | Inscrición aquíCartel

*A Unión de Cooperativas EspazoCoop fai parte da REDE EUSUMO, para o fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia.

 

 

2019-01-24T11:42:33+01:003/01/2019|Formación, Rede Eusumo|Comentarios desactivados en Formación Cooperativa para Persoas que queren Emprender | Edición en Vigo, Xaneiro

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma

Go to Top