Catálogo, ofertas sobre Facilitación 2019 | Cooperativa Rexenerando

 

 

Dende a cooperativa asociada Rexenerando chéganos a seguinte proposta en temas de Facilitación, específica para organizacións cooperativas e de economía social, para os primeiros meses deste ano 2019:

“No Xapón, cando remata o ano, as familias botan tres días na casa poñendo orde e limpando. Reubicando o que xa non serve, e facéndolle sitio ao novo.

Nas cooperativas, as empresas, e os colectivos en xeral, precisamos tamén eses momentos para avaliar, limpar as emocións, ordenar as ideas, proxectar camiños. En Rexenerando sabemos o difícil e importante que é tomarnos ese tempo, así que vos ofrecemos acompañamento en facilitación de grupos para comezar o ano con calidade.

Consultade no noso catálogo as ofertas para xaneiro e febreiro, e para entidades de economía social, e preguntádenos sen compromiso.

Catálogo – Rexenerando Autoagasallo 2019

Por un 2019 cheo de saúde grupal.”

 

Brindan dende moderación na toma de decisións na planificación anual, revisión da gobernanza do grupo para a mellora organizacional e revisión da misión, ata xestión emocional e de conflitos para a mellora do clima grupal, ou mesmo formación aplicada sobre reunións e asembleas.

Se sodes organizacións cooperativas e de economía social podedes disfrutar destes servizos cun desconto do 20% durante 2019, e se ademais o acompañamento é en xaneiro e febreiro o desconto sería dun 35%.


Rexenerando S. Coop. Galega
Rua María, 94.
15401 – Ferrol (A Coruña)
tlf.: (34) 881 953 791/ (34) 698 157 414
info@rexenerando.com
rexenerando.com