Encontros entre cooperativas
#SaímosCooperando
No marco das actividades do Programa #SaímosCooperando (mentoring para cooperativas) plantéxanse os Encontros entre Cooperativas. As sesións, pensadas en formato telemático de curta duración, celébranse dende o mes de abril ata setembro de 2021.
O último encontro será o xoves 16 de setembro de 2021, online, de 9.30 a 11.30, baixo o título: “Saímos cooperando”.
[Programa e inscrición]
Queremos animarvos ás cooperativas e empresas de economía social a asistir á última sesión dos Encontros na que avaliaremos o programa e compartiremos contigo temas e recursos que vos poden axudar na xestión empresarial do día a día no futuro inmediato.
Fai clic | Programa | Inscrición | Cartel
—-
[Obxetivos xerais dos encontros]
Teñen un dobre propósito:
- Buscan favorecer o coñecemento mutuo entre cooperativas que participen no programa #SaímosCooperando, potenciar a posta en común de necesidades, a transferencia de experiencias, metodoloxías e boas prácticas, co fin de compartir recursos, readaptar actividades, establecer alianzas, crear redes, xerar actividade, ou intercooperar.
- Tamén serán espazos que invitan a outras cooperativas galegas -aquelas que non pertencen á base social da Unión de Cooperativas EspazoCoop- a participar nos “Encontros entre Cooperativas”, para ter a oportunidade de coñecer de primeira man EspazoCoop e ás súas cooperativas asociadas que poderán contar e testemuñar por que é interesante asociarse. Ao mesmo tempo poden experimentar a través da asistencia á actividade como son os servizos da Unión, de cara a valoralos e tecer redes.
[Destinatarias]
Os Encontros están dirixidos a:
- Cooperativas socias (beneficiarias e participantes nas accións de #SaimosCooperando).
- Cooperativas galegas non asociadas á Unión de Cooperativas EspazoCoop (participantes nas accións do programa)
- Outras persoas e entidades interesadas do sector da economía social (participantes nas accións do programa)
[Acceso]
Gratuíto previa inscrición.
[Calendario de Encontros]
Pódese participar nun só encontro, en varios ou en todos.
- 14 de abril 2021 | Encontro nº 1 | Presentación de SaímosCooperando – Ferramentas Tecnolóxicas | Cartel | Programa
- 30 de xuño 2021 | Encontro nº 3 | Comparte necesidades de financiamento. Opcións nas finanzas? | Cartel | Programa
- 22 de xullo 2021 | Encontro nº 4 | Practica a mellora comercial (Pich elevator – Coopera nas túas vendas) | Programa | Inscrición | Cartel
- 16 de setembro 2021 | Encontro nº 5 | Saímos cooperando. Intercambia opinións (peche de programa) | Programa | Inscrición | Cartel
Nova relacionada:
Esta actividade enmárcase:
– na Programación 2021 da Rede Eusumo. A REDE EUSUMO é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.
– no Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) 2014-2020. OT 8: conseguir formación e emprego de calidade, convocado por Cepes e financiado polo FSE.
Hola! Éstes cursos puntúa para PERMEX?
Ola Carmela,
esta actividade non é un curso propiamente, é un Encontro de curta duración (2 horas) no que tratar temáticas concretas, neste caso a organización interna nas cooperativas, tamén servirá para impulsar a intercooperación e a colaboración entre as cooperativas e entidades participantes.
Non puntúa para Permex. A oferta de cursos que actualmente temos aberta para o mes de Xuño si puntúa, podes consultalos e inscribirte neste enlace (na web de EspazoCoop):
https://espazo.coop/rede-eusumo/borrador-accions-formativas-de-espazocoop-xuno/
Un saúdo.
Unión de Cooperativas EspazoCoop