EN COOPERATIVA

Promovendo un emprendemento máis democrático

“En Cooperativa” é un Itinerario para potenciar o emprendemento cooperativo en Centros de Ensino Secundario de Galicia durante o curso 2021-2022.

 

Está conformado por tres etapas progresivas, coas seguintes actividades:

1| seminario Sensibilización Cooperativa -2 horas-

2| taller En Cooperativa -9 horas-

3| e Plan de Empresa Cooperativo -10 horas-

“En Cooperativa” promove un proceso de iniciación, formación e acompañamento que favorece a creación de cooperativas -sistemas de emprendemento democráticos que dan acceso ao mundo laboral-. O Ensino Secundario é un dos ámbitos da nosa sociedade nos que compre incorporar programas sobre adquisición de competencias e aptitudes cooperativas emprendedoras contribuíndo a complementar a oferta educativa dos centros.

As actividades son gratuítas para os centros participantes, trátase dun programa POISES (Programa operativo de inclusión social e economía social) financiado polo Fondo Social Europeo (FSE) e convocado por CEPES (Confederación empresarial española para a economía social).

Folleto informativo: neste enlace

Solicitudes e consultas:

Unión de Cooperativas EspazoCoop

patane@espazo.coop – 881 887 456