Programa

SAÍMOS COOPERANDO 

#SaímosCooperando: Un programa de mentoring para a reactivación económica de empresas cooperativas polos efectos da covid19.

Unión de Cooperativas EspazoCoop abre a convocatoria para solicitar o Programa #SAÍMOSCOOPERANDO, destinado a cooperativas socias prioritariamente, e a outras cooperativas.

Obxecto: 
Selección de 15 cooperativas para participar no Programa #SaímosCooperando, a través do cal prestarase un servizo de mentoring para consolidar cooperativas, mediante a posta en marcha de procesos de acompañamento para impulsar melloras na organización beneficiaria.

Convoca: 
Unión de Cooperativas EspazoCoop.

O programa Saímos Cooperando enmárcase na programación 2021 da rede Eusumo, rede liderada pola Xunta de Galicia para promoción do cooperativismo e a economía social en Galicia, e no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES).

Prazo de solicitude: 
Mércores 21 de abril de 2021.

Para consultar as Bases da convocatoria e acceder ao formulario de solicitude, fai clic no seguinte enlace:

>>> Programa #SaímosCooperando

Información e consultas:  986 866 149 – roberto@espazo.coop

Co apoio de: