No mes de marzo, a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-Ugacota, levará a cabo actividades da súa Programación Formativa da Rede Eusumo.

Trátase de formación en modalidade presencial e gratuíta (porque está financiada con fondos públicos), e ten como meta o fomento do cooperativismo e da economía social. En marzo están previstas 2 accións formativas no Centro da Rede Eusumo na Cámara de Comercio de Vigo (Vigo, Pontevedra).

A continuación tedes a relación de cursos que impartiremos.

 

CENTRO DA REDE EUSUMO NA CÁMARA DE COMERCIO DE VIGO

(Rúa República Arxentina, 18 – A. Vigo)

OBRADOIRO: FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER EN COLECTIVO, para ver o programa preme AQUÍ

Duración: 20 horas

Datas: 12 a 15 de marzo de 2013

Horario: 10:30 a 15:30 horas .

Obxectivo: Achegar o modelo cooperativo á cidadanía. Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas, divulgar e orientar sobre os aspectos diferenciadores e as características das empresas cooperativas. Amosar as condicións necesarias para emprender en colectivo baixo un modelo cooperativo, e amosar os pasos a dar.

Dirixido a: público en xeral.

Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ  CURSO COMPLETO!

 

OBRADOIRO: ¿POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO?. HABILIDADES PARA CONTORNOS COOPERATIVOS, para ver o programa preme AQUÍ


Duración: 20 horas

Datas: 19 a 22 de marzo de 2013

Horario: 10:30 a 15:30 horas .

Obxectivo: Desenvolver as habilidades persoais claves no traballo en equipo. Coñecer recursos e ferramentas que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.

Dirixido a: público e xeral, persoas socias cooperativistas.

Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ  CURSO COMPLETO!

 

Proximamente informaremos de novas edicións destes obradoiros.

Máis información e inscricións nos obradoiros:

UGACOTA VIGO

•Tf 986 13 65 92 •E-mail: nuria@ugacota.org

 

Colaboran:  Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia) – Fondo Social Europeo- Cámara de Comercio de Vigo