UGACOTA ofrece formación gratuíta , no marco da Rede Eusumo, a persoas en desemprego, colectivos de emprendedoras, a cooperativas de recente creación, a novos socios/as de cooperativas, e para o público interesado en xeral.  Coñece as cooperativas, e anímate a participar ! 

 

ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO

Do 14 ao 17 de Xullo – De 9.30 -14.30 horas.

No Centro da Rede Eusumo na Cámara de Comercio de Vigo (Rúa República Arxentina 18 A, Vigo)

Fai clic: PROGRAMA Fai clic: INSCRICIÓN

Máis información: 986 13 65 92 – nuria@ugacota.coop

 

De que trata o obradoiro ? : Con este curso preténdese mostrar desde un punto de vista práctivo as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable. Tamén elaborar conxuntamente os distintos apartados do Plan de Empresa do noso proxecto, e avaliar requisitos e compromisos como grupo emprendedor, tarefas a desenvolver, e o calendario de actuacións.

Colaboran : Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia) – Fondo Social Europeo – Cámara de Comercio de Vigo.