A Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA) celebra o Seminario “O Cooperativismo en España”, que ten lugar no Ateneo de Madrid o 22 de xuño, a el asiste a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Ugacota.

A Asamblea Xeral de COCETA 2015 celébrase ese mesmo día, e o seminario prosegue á asemblea, na que tamén participa a Unión en calidade de socia de Coceta.

O seminario será presentado por Juan Antonio Pedreño, presidente de COCETA, e Dirk Lehnhoff, presidente de Cooperatives Europe. Asistirán persoas de diferentes partes de Europa, que están interesadas en coñecer de cerca o cooperativismo de traballo español, recoñecido noutras partes do continente como un dos máis importantes.

Terá lugar unha mesa redonda sobre cooperativismo e xuventude, e outra sobre empresas recuperadas, que contará coa participación de socios/as traballadores/as de empresas que foron reconvertidas a cooperativa hai anos ou na actual crise.