Un ano máis, a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado – UGACOTA, vai poñer en marcha a programación de actividades formativas no marco da Rede Eusumo: Cooperativismo e Economía Social.
Neste ano 2014, imos programar tres accións formativas, todas elas dirixidas á difundir e formar en cooperativismo e economía social:
– Obradoiro: “Formación Cooperativa para persoas que queren emprender” Preme aquí para ver o programa.
– Obradoiro: “Elabora o teu plan de empresa cooperativo” Preme aquí para ver o programa.
– Obradoiro: “Por que non traballamos en equipo?” Preme aquí para ver o programa.
Os obradoiros, teñen carácter presencial e vanse desenvolver nos Centros da Rede Eusumo e Entidades Adheridas á Rede, entre os meses de marzo a outubro de 2014. Cada obradoiro ten unha duración de 20 horas lectivas. Esta formación é gratuíta e, ao remate da mesma expedirase unha certificación da subdirección de Cooperativas e Economía Social.
Calendario de Actividades:
Este calendario é provisional e pode estar suxeito a variacións que serán debidamente informadas.
Centro da Rede Eusumo na Cámara de Comercio de Vigo
– Obradoiro: “Formación Cooperativa para persoas que queren emprender”
4 edicións, nos meses de marzo, maio e xullo.
– Obradoiro: “Elabora o teu plan de empresa cooperativo”
3 edicións, nos meses de xullo e agosto
– Obradoiro: “Por que non traballamos en equipo?”
2 edicións nos meses de marzo e agosto.
Centro da Rede Eusumo na Fundación Terra de Trasancos – Cooperativa do Val
– Obradoiro: “Formación Cooperativa para persoas que queren emprender”
2 edicións, nos meses de marzo e setembro.
– Obradoiro: “Por que non traballamos en equipo?”
1 edición no mes de abril.
– Obradoiro: “Elabora o teu plan de empresa cooperativo”
1 edición no mes de maio.
Entidade Adherida á Rede Eusumo na Universidade da Coruña.
– Obradoiro: “Formación Cooperativa para persoas que queren emprender”
1 edición, no mes de abril.
– Obradoiro: “Elabora o teu plan de empresa cooperativo”
1 edición no mes de maio.
– Obradoiro: “Por que non traballamos en equipo?”
1 edición no mes de xuño.
Entidade Adherida á Rede Eusumo na Deputación de Pontevedra.
– Obradoiro: “Formación Cooperativa para persoas que queren emprender”
1 edición, no mes de xuño.
Centro da Rede Eusumo na Caixa Rural Galega (Lugo)
– Obradoiro: “Formación Cooperativa para persoas que queren emprender”
1 edición, no mes de setembro.
– Obradoiro: “Elabora o teu plan de empresa cooperativo”
1 edición no mes de outubro.
– Obradoiro: “Por que non traballamos en equipo?”
1 edición no mes de outubro.
Entidade Adherida á Rede Eusumo na Cámara de Comercio de Ourense.
– Obradoiro: “Formación Cooperativa para persoas que queren emprender”
1 edición, no mes de setembro.
Centro da Rede Eusumo na Fundación Feiraco (Ames).
– Obradoiro: “Formación Cooperativa para persoas que queren emprender”
2 edicións, nos meses de abril e setembro.
– Obradoiro: “Por que non traballamos en equipo?”
1 edición no mes de maio.
– Obradoiro: “Elabora o teu plan de empresa cooperativo”
1 edición no mes de xuño.
Non deixes pasar esta oportunidades e apúntate xa aos cursos gratuítos que Ugacota vai impartir dentro da programación Eusumo!
Colaboran: Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, , Fundación Terra de Trasancos – Cooperativa do Val, Caixa Rural Galega, Universidade da Coruña, Deputación de Pontevedra. Cámara de Comercio de Ourense. Fundación Feiraco
[…] Para máis información ou inscrición prema aquí […]
[…] Cursos Ugacota da Rede Eusumo. […]