O Centro Demostrador TIC acollerá o vindeiro 26 de febreiro en horario de 10:00 a 14:00h o seminario de formación “Google Apps para Pemes” co obxectivo de mostrar ás pequenas e medianas empresas todas as funcionalidades que ofrecen as Google Apps, e como estas lles poden axudar a estar mellor comunicadas, ser máis produtivas, aforrar custos e acceder á información desde calquera lugar e dispositivo.

O seminario será impartido por Gerardo Rodríguez Martínez, director de operacións de Redegal (partner oficial de Google Apps en Galicia) que dará as claves para dirixir mellor a súa empresa con ferramentas online que lle permitirán organizar, colaborar e comunicarse con clientes, socios e empregados máis facilmente levando a súa empresa á nube.

A sesión vai dirixida as pequenas e medianas empresas galegas. A asistencia é de balde, condicionada ao aforo da sala e previa inscrición en liña na web do Centro Demostrador TIC.

Preme neste enlace para máis información, inscricións, e ver o programa: http://cdtic.xunta.es/google_apps

 

Pode ampliar máis información sobre o Centro Demostrador TIC, as súas actividades e instalacións na páxina web do centro: http://cdtic.xunta.es