Xornada informativa sobre axudas ao cooperativismo 2021

O venres 5 de marzo ás 9.30 h. celébrase un Almorzo Cooperativo Virtual sobre as Liñas de Axudas do Programa Aprol Economía Social 2021 convocado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, destinadas a cooperativas e sociedades laborais e tamén para ás persoas de proxectos pre-cooperativos e preconstituíntes deste tipo de empresas.

Trátase dunha sesión informativa telemática sobre as condicións e características das axudas, na que se poderá consultar dúbidas, coñecer os pasos de tramitación, os aspectos clave, e as oportunidades que ofrecen para:

–  Cooperativas e sociedades laborais
–  Grupos de emprendemento cooperativo
–  Empresas que valoren a súa transformación en cooperativa (en situación de crise, próxima á xubilación de propietarias…)
–  Empresas que xa estén en procesos de conversión ao modelo cooperativo

**A convocatoria 2021 inclúe unha importante novidade, destinando as axudas a persoas traballadoras de empresas que se transformen nunha cooperativa ou sociedade laboral. Esta medida pretende favorecer o mantemento do emprego de empresas que estén en crise, que as súas propietarias vaian a xubilarse, ou outro tipo de situacións que lles leven a pensar en pechar as empresas. Antes diso, a opción en réxime cooperativo asumida polas persoas traballadoras pode ser unha solución, e o é en moitos casos.

Programa aquí | Cartel aquí | Inscrición aquí 


A convocatoria das axudas do programa Aprol está dotada con 3.316.330 €.
A distribución inicial de créditos entre os dous programas é a seguinte:

– Programa I: 1.824.000 € | Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
– Programa II: 1.492.330 € | Fomento do acceso á condición de persoa socia.

O prazo de solicitude das axudas é o 30 de setembro de 2021.


Información das Axudas Aprol 2021
Máis información sobre estas axudas no seguinte enlace: aquí


Organiza e convoca: Unión de Cooperativas EspazoCoop  

Esta actividade enmárcase na programación 2021 da REDE EUSUMO. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.