Xuntanza en liña | Proceso de actualización da Lei de Cooperativas de Galicia, 13 novembro

Como sabedes a actualización da Lei de Cooperativas de Galicia está en proceso de elaboración e dende EspazoCoop, xunto a outras asociacións de cooperativas e entidades do sector, estamos traballando e participando na súa actualización.

Comunicamos ás cooperativas asociadas que o vindeiro venres 13 de novembro de 2026 convocamos a unha reunión online en horario de 11 a 13 h. para informar ás socias como continúa avanzando o proceso de actualización e aprobación da Lei de cooperativas coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

Nestes momentos temos recibido o anteproxecto da Lei por parte da consellería, o texto base, que estamos analizando e estudiando, polo tanto, na xuntanza será o que vos trasladaremos.

Podes acceder ao anteproxecto neste enlace (precisarás a clave de acceso a contido restrinxido a socias), previamente á xuntanza do día 13 enviaremos ás socias un cadro resumo, onde recolleremos os aspectos clave, modificacións respecto da normativa actual e/ou dos acordos xa adoptados.

Informar ademais, que o 23 de novembro EspazoCoop participará nunha sesión de traballo co resto das asociacións de cooperativas  e entidades participantes no proceso para expoñer as achegas e debater propostas.

Inscríbete á xuntanza online para socias o 13 de novembro, rexístrate aquí

Únete á reunión a través deste enlace. Tamén podes acceder co ID de reunión: 899 6181 5887 e Código de acceso: 749613