Sensibilización para o Emprendemento Cooperativo
O primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre alternativas de autoemprego e emprendemento en colectivo. A través dun programa de sensibilización achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades, condicións, e as potencialidades deste modelo de empresa. Ademais, co coñecemento eliminamos prexuízos e desinformacións sobre o cooperativismo, e promovemos unha mentalidade de colaboración e traballo en equipo.
A programación 2026-2027 da Unión de Cooperativas EspazoCoop realízase en colaboración coa Rede Eusumo (Xunta de Galicia), e o Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo FSE Plus, Proxecto EspazoCoop Emprende.
O programa de sensibilización contempla a impartición de charlas divulgativas tituladas “E ti, coñeces a fórmula?” destinadas a aumentar o coñecemento e a comprensión sobre os valores e vantaxes do emprendemento en cooperativa, así como concienciar á xente sobre a súa relevancia para fomentar a economía local e o empoderamento das comunidades e colectivos, especialmente no rural, para mulleres e entre a mocidade, por ser unha ferramenta idónea nos procesos de participación e colaborativos.
Coas charlas cubriremos os seguintes obxectivos:
- Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
- Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
- Visibilizar cómo o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.
Axenda de sesións programadas
- 6 de novembro 2026 en A Coruña | E ti, Coñeces a Fórmula? | De 10-14 h. Charla en colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela
- 10 de novembro 2026 en A Coruña | E ti, Coñeces a Fórmula? | De 10-13 h. Charla en colaboración coa Fundación Mujeres| Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio | A Coruña
- 26 de novembro 2026 en Porto do Son | E ti, Coñeces a Fórmula? | Charla en colaboración co Obradoiro de Emprego Tahume XI, o Concello de Porto do Son e o Concello de Ribeira | De 10-13 h. Casa de Cultura de Xuño, Aldea o Carrapatal, Porto do Son
Máis información: contacta a través de 697 877 773 – patane@espazo.coop
Este programa enmárcase:
– No programa de actuación 2026-2027 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social.
– Programa de Empleo, Formación, Educación y Economía Social, EFESO, cofinanciado por el Fondo Social Europeo Plus para el periodo 2021-2027, a través del organismo intermedio CEPES.


Leave A Comment