Sabías que  xa podes anotarte ás Actividades Formativas 2015 da Federación de Cooperativas Sinerxia, dentro da programación da Rede Eusumo ?

Son gratuítas e con prazas limitadas, polo que se precisa inscrición previa :

 1)     Os Talleres para o afortalamento e a consolidación empresarial  están deseñados para que, de forma preferente ás cooperativas e as súas redes, se introduzan ou se actualicen nos diversos ámbitos da xestión e planeamento empresarial, de acordo cun modelo de programación formativa práctica, personalizada e flexíbel en canto ás necesidades e dispoñibilidade das participantes nas accións formativas.

Fai clic: Cartel

2)  Os Talleres de dinamización do cooperativismo nun sector de actividade potencial pretenden divulgar e avaliar as posibilidades da fórmula cooperativa como alternativa para a activación e consolidación dun sector de actividade, de forma preferente no ámbito local e comarcal, e através da participación de persoas vinculadas a dito sector.

Fai clic: Cartel

Os talleres destes dous Programas,  impartiranse en formato presencial, nos centros da Rede Eusumo entre os meses de Xaneiro e Setembro de 2015, procurando adaptarse a cada demanda e disponibilidade.

Máis info : 986 89 65 26 – sinerxia@sinerxia.org. Contacta coa Federación e vos informarán polo miúdo. Anímate a participar !!

Estas actividades están cofinanciadas pola Consellaria de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.