O Consello Galego de Cooperativas estará presente na 13ª edición do Fórum Gastronómico que terá lugar do 15 ó 17 de marzo de 2015 no espazo ExpoCoruña da cidade da Coruña, co fin de visualizar e promover os produtos cooperativos galegos.

O Cogaco conta cun Posto Institucional que pon a disposición das cooperativas interesadas.

Ademais a proposta do Cogaco conta con outra actividade orientada a potenciar produtos do sector cooperativo galego, un Taller Temático, unha sesión de cociña en directo con degustación dun menú elaborado por unha persoa cociñeira galega de prestixio a base de produtos cooperativos, será o martes 17 de marzo de 12.30 a 13.30 horas.

Fai clic : Comunicación da Directora Xeral de Traballo e Economía Social, en relación ca participación das Cooperativas no Fórum Gastronómico 2015

As cooperativas socias de UGACOTA, O Canto da Balea, Pulponor, Milhulloa e Frugal, estarán participando no Posto do Cogaco durante o Fórum.