Cursos de contabilidade cooperativa de EspazoCoop
[Maio-Xuño 2023]
A Unión de Cooperativas EspazoCoop preséntavos as actividades formativas previstas para o meses de Maio e Xuño de 2023, na que ofrece 2 accións formativas gratuítas, realizadas co apoio e no marco da Rede Eusumo da Xunta de Galicia , o programa POISES (convocado por Cepes, financiado polo FSE) e o Convenio coa Deputación da Coruña.
A programación dá inicio a partir do día 2 de Maio.
A oferta formativa está conformada por actividades en modalidade Tele-formación (a través da plataforma da Aula Virtual de EspazoCoop).
É preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de participantes.
Esta é a relación dos cursos previstos:
[CURSOS DE CONTABILIDADE COOPERATIVA]
- 2 Maio – 19 Maio 2023 | Contabilidade cooperativa nivel 0 | 20 h. | Tele-formación
- 1 Xuño – 16 Xuño 2022 | Contabilidade cooperativa nivel pro | 20 h. | Tele-formación
Contabilidade cooperativa nivel 0
Tele-formación | Do 2 ao 19 de Maio 2023 | 20 horas |
A continuación podes acceder á información do programa desta formación e ao formulario de inscrición, facendo clic nos enlaces:
Programa | Inscrición (Pechada) | Cartel
Contabilidade cooperativa nivel pro
Tele-formación | Do 1 ao 16 de Xuño 2023 | 20 horas |
A continuación podes acceder á información do programa desta formación e ao formulario de inscrición, facendo clic nos enlaces:
Programa | Inscrición (Pechada) | Cartel
ACTIVIDADES NO MARCO DOS PROGRAMAS:
- Programa 2023 da Rede Eusumo – Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social daXunta de Galicia, co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.
- Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social POISES (Convocado por Cepes e financiado polo FSE).
- Programa do Convenio de Colaboración 2023 coa Deputación da Coruña.
Co apoio de: