EspazoCoop e a USC lanzan a Microcredencial Universitaria en Economía Social e Emprendemento Cooperativo en Galicia

 

 

 

 

 

O departamento organizador, Pedagoxía e Didáctica da USC, desenvolve a teleformación do 20 de abril ao 20 de maio de 2026 para persoas de entre 25 e 64 anos, sendo un curso que conta con 2 créditos. Na súa programación está previsto realizar tres sesións virtuais de aprendizaxe en quenda de 11:00 a 12:30hs. Trátase da primeira Microcredencial Universitaria específica en materia de cooperativismo e economía social na nosa comunidade.

O curso de 20 hs e 2 créditos terá aberta a preinscrición e matrícula ata o 16 de abril de 2026, solicita 👉 NESTE ENLACE

Prezo do curso: 44,50 € . *NO CASO DE SER DESEMPREGADA ESTARÁ BONIFICADO 100%, é dicir, sen custo.

Este curso en modalidade teleformación ten como obxectivos

  • Identificar e comprender as características fundamentais das cooperativas de traballo asociado, os seus principios, valores e o seu encaixe no marco da economía social.
  • Analizar o proceso de creación dunha cooperativa de traballo asociado en Galicia, coñecendo os requisitos legais e administrativos básicos.
  • Comprender os modelos de gobernanza democrática, participación e funcionamento interno das cooperativas, así como o papel das persoas socias.
  • Deseñar un proxecto básico de cooperativa de traballo asociado, adaptado á normativa galega e fundamentado nos principios do cooperativismo.

Dossier de contido e programa do curso

No seguinte enlace podes consultar o contido e programa deste curso online específico sobre Economía Social e Emprendemento Cooperativo en Galicia:

👉 ECONOMÍA SOCIAL E EMPRENDEMENTO COOPERATIVO EN GALICIA (Microcredencial Universitaria)

En este curso trabállanse as seguintes competencias

  • Economía. Empresa Social
  • Xestión e Administración. Coñecementos Empresariais
  • Xestión e Administración. Emprendemento social
  • Administración de empresas e dereito non contempladas na clasificación
  • Aplicar principios de gobernanza democrática
  • Tomar decisión
  • Elaborar Plans de Empresa
  • Organizar, planificar e programar traballo e actividades

A titorización faise cunha metodoloxía equilibrada entre contidos teóricos e prácticos, baseada na aprendizaxe autónoma guiada. A teleformación desenvolverase a través de materiais didácticos dixitais, actividades de autoavaliación, análise de casos reais de cooperativas galegas e a elaboración dun traballo final individual.

O curso realízase na Aula Virtual de EspazoCoop.

Preinscrición

Preinscrición e matrícula ata o 16 de abril de 2026, solicita 👉  NESTE ENLACE

Prezo do curso: 44,50 € . *NO CASO DE SER DESEMPREGADA ESTARÁ BONIFICADO 100%, é dicir, sen custo.

Cartel: neste enlace

Trátase dun título que conta con financiamento dos Fondos NextGenerationUE, Plan Microcreds. Está recoñecido e avalado pola Xunta de Galicia, o Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades (MCIU) de España e a Unión Europea.

Este curso conta con financiamento do Plan Microcreds: