Formación específica en “Xestión Económico-Financeira da Cooperativa de Traballo Asociado”

 

 

 

 

 

 

Se estás interesada en formarte en Xestión Económico-Financeira da Cooperativa de Traballo Asociado a USC lanza un curso de formación específica (Microcredencial universitaria) en colaboración coa Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop. O departamento organizador, Economía Financeira e Contabilidade da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, desenvolve esta formación en liña do 7 de abril ao 29 de maio de 2026 para persoas de entre 25 e 64 anos (non é preciso titulación universitaria).

 

O curso de 30 hs e  3 créditos terá aberta a preinscrición e matrícula ata o 31 de marzo de 2026, solicita 👉  NESTE ENLACE

Prezo do curso: 71,00 €

Este curso online ten como obxectivos

  • Comprender a xestión económica dunha cooperativa de traballo asociado
  • Aplicar ferramentas de planificación e análise
  • Identificar as obrigas fiscais das cooperativas de traballo asociado
  • Elaborar un plan de mellora para a cooperativa

Contidos do programa

RELACIÓN CON AXENTES DE XESTIÓN – 1 ECTS (10 horas)

– Que esperan as xestorías e asesorías: que delegar e como supervisar desde a cooperativa.
– A relación bancaria das cooperativas: necesidades financeiras e toma de decisións. Instrumentos e ferramentas financeiras.
– Banca ética e cooperativismo: alternativas financeiras aliñadas cos valores.
– Administración Autonómica e cooperativas: procedementos, apoios e relación institucional.
– Relación coa AEAT

XESTIÓN FINANCEIRA – 1 ECTS (10 horas)

Xestión Financeira I
En que consiste a xestión financiera. Elementos clave na xestión financiera. A planificación financeira. Lectura de balance e conta de perdas e ganancias para a toma de decisións. Ingresos e gastos versus cobros e pagos.

Xestión Financeira II
O control de tesourería. Ratios económico-financieros. Endebedamento externo vs fondos propios.

Sesión obradoiro I
Fiscalidade das cooperativas: impostos, obrigas fiscais e impacto nas persoas socias. Réxime fiscal das cooperativas. Principais impostos que afectan ás cooperativas.

Sesión obradoiro II

Xestión financeira. Casos prácticos.

XESTIÓN ECONÓMICA – 1 ECTS (10 horas)

Xestión Económica I

Aproximación á xestión económica . As persoas na cooperativa. Marco normativo básico . Os socios de traballo. O sistema retributivo . Seguridade social . Outros aspectos da xestión societaria . Situacións clave na vida societaria

Xestión Económica II

Capital social . Resultado . Distribución de excedentes

Sesión obradoiro I

Xestión económica da cooperativa . Historia retributiva nun caso cooperativo . Xeración de debates

Sesión obradoiro II

Xestión económica da cooperativa . Historia do patrimonio neto dun caso cooperativo . Xeración de debates

Docencia

  • CERNE ASESORES S. COOP. GALEGA
  • CAIXA RURAL GALEGA
  • AGENCIA ESTATAL DE ADMINISTRACIÓN TRIBUTARIA (AEAT)
  • FIARE BANCA ÉTICA
  • FUNDACIÓN FINANZAS ÉTICAS
  • ALGALIA S. COOP. GALEGA (Asesoría e consultoría para a economía social)

INFORMACIÓN CO PROGRAMA, fai clic >  Xestión económica financeira en CTA

Competencias que se traballan

No curso trabállanse as seguintes competencias, coñecementos e capacidades:

  • Empresa social
  • Xestión e administración. Xestión Financeira
    – Ensinar principios económicos
    – Xestionar recursos empresariais
  • Dereito. Lexislación Fiscal
    – Desenvolver plans de xestión
    – Tomar decisións empresariais estratéxicas

A microcredencial estrutúrase a partir dunha metodoloxía de carácter aplicado e orientado á práctica, que combina sesións de docencia expositiva, traballo práctico guiado e acompañamento titorial, co obxectivo de facilitar a adquisición de coñecementos e competencias directamente transferibles á realidade profesional das persoas participantes.

As datas e horarios da formación en liña son as seguintes:
Abril | 9, 14, 16, 21 e 23 de abril 2026 – de 17:00 a 19:00hs | 28 e 30 de abril – de 16:30 a 19:30hs
Maio | 5, 7, 19 e 21 de maio 2026 – de 17:00 a 19:00hs | 12 e 14 de maio de 16:30 a 19:30hs

Preinscrición

Preinscrición e matrícula: Ata o 31 de marzo de 2026, solicita este curso 👉 NESTE ENLACE

Prezo do curso: 71,00 €

Cartel do curso: neste enlace

Trátase dun título que conta con financiamento dos Fondos NextGenerationUE, Plan Microcreds. Está recoñecido e avalado pola Xunta de Galicia, o Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades (MCIU) de España e a Unión Europea.

Este curso conta con financiamento do Plan Microcreds: