Actividades en Sada para promover o emprendemento cooperativo

 

A segunda semana de maio iniciamos as actividades previstas para impulsar e informar sobre a creación de empresas cooperativas entre a poboación de Sada (A Coruña).

Trátase de dúas accións, unha Xornada, o luns 8 de maio de 2023, e un Obradoiro de 15 horas que se imparte os días 10, 12 e 15 de maio. Estas iniciativas fan parte do programa de colaboración que EspazoCoop mantén coa Deputación da Coruña. En concreto, fai parte dun conxunto de accións do “Itinerario de Emprendemento en Cooperativa” destinado a visibilizar as potencialidades que brinda o modelo cooperativo para:

> A xeración de emprego de calidade.
> A mellora de determinados sectores socioeconómicos.
> O equilibrio territorial.
> A xeración e consolidación de redes comunitarias, dinamizando determinados sectores de actividade.
> Favorecer o emprendemento colectivo en sectores con potencial para contribuír ao desenvolvemento socioeconómico e comunitario.

O “Itinerario de Emprendemento Cooperativo” incorpora alén desta Xornada, outras accións como Cursos de formación e un Servizo de Acompañamento e Titorización a grupos de persoas promotoras de empresas que queiran emprender en cooperativa.

 

XORNADA 8 de MAIO | SENSIBILIZACIÓN PARA O EMPRENDEMENTO COOPERATIVO

Obxetivos da xornada:

• Brindar un primeiro contacto co emprendemento colectivo no ámbito do cooperativismo.
• Estimular o emprendemento cooperativo, o impulso de iniciativas desde a óptica cooperativa.
• Difusión e divulgación da fórmula cooperativa.
• Coñecer as potencialidades do cooperativismo para a posta en marcha de actividades empresariais e creación de emprego.
• Achegar boas prácticas coa presentación de casos en formato audiovisual.

Data – Horario – Lugar: Luns 8 de maio de 2023, de 11 a 14 horas, no Salón de Plenos do Concello de Sada, na Avenida do Porto 24 (Sada – A Coruña).
Consulta o Programa e inscríbete: Programa da Xornada –  Cartel  >> Inscrición


 

OBRADOIRO 10, 12 e 15 de MAIO  | A COOPERATIVA É PARA NÓS?

Obxetivos do obradoiro:

• Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial ás persoas que queren coñecer a fórmula do autoemprego cooperativo.
• Mostrar desde un punto de vista práctico e achegado á realidade das persoas participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
• Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas e as súas achegas sociais e económicas.
• Coñecer a experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

Datas – Horario – Lugar : 10, 12 e 15 de maio de 2023, de 9.30 a 14.30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Sada, na Avenida do Porto 24 (Sada – A Coruña).

Consulta o Programa e inscríbete: Programa do ObradoiroCartel  >> Inscrición


Organiza e coordina: Unión de Cooperativas EspazoCoop  – www.espazo.coop

Estas actividades están dentro da programación do Convenio de Colaboración entre a Deputación da Coruña e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop. A Deputación da Coruña financia estas accións no marco do Plan de Emprego Local (PEL).