Unha representación de UGACOTA asistiu, o 21 de setembro en Madrid, ao consello reitor da Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA), organización de ámbito estatal da que forma parte a Unión.
Previamente ao consello, celebránrose dúas reunións técnicas nas que se informaron e abordaron estes temas :
Reunión técnica 1: Os Fondos Estructurais Europeos: Programa Operativo CEPES/COCETA.
Reunión técnica 2: A Formación Profesional para o emprego no ámbito laboral.
No tocante aos contidos tratados na reunión do consello destacamos os seguintes :
– As actuacións de Coceta no ámbito Europeo e Internacional.
– Os Proxectos Europeos.
– A Xornada sobre novos modelos de Cooperativas de Traballo.
– As Eleccións Xerais 2015: actuación confederal a realizar.
– A Proposta de acción confederal formativa.
– O 30º Aniversario de COCETA.
A este espazo de participación e gobernanza asiste Mar Pernas, Xerenta na Unión, en sustitución, nesta ocasión, da Presidenta de Ugacota. As cooperativas socias podedes contactar coa Unión para saber máis.