Unha representación de UGACOTA asistiu, o 21 de setembro en Madrid, ao consello reitor da Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA), organización de ámbito estatal da que forma parte a Unión.

Previamente ao consello, celebránrose dúas reunións técnicas nas que se informaron e abordaron estes temas :

Reunión técnica 1: Os Fondos Estructurais Europeos: Programa Operativo CEPES/COCETA.
Reunión técnica 2: A Formación Profesional para o emprego no ámbito laboral.

No tocante aos contidos tratados na reunión do consello destacamos os seguintes :

–  As actuacións de Coceta no ámbito Europeo e Internacional.
–  Os Proxectos Europeos.
–  A Xornada sobre novos modelos de Cooperativas de Traballo.

– As Eleccións Xerais 2015: actuación confederal a realizar.
– A Proposta de acción confederal formativa.
– O 30º Aniversario de COCETA.

A este espazo de participación e gobernanza asiste Mar Pernas, Xerenta na Unión, en sustitución, nesta ocasión, da Presidenta de Ugacota. As cooperativas socias podedes contactar coa Unión para saber máis.