“EN COOPERATIVA” promoveu as habilidades emprendedoras en 475 persoas alumnas en centros de Galicia.

 

 

 

 

“En Cooperativa” é un Itinerario deseñado para potenciar o emprendemento cooperativo e as habilidades emprendedoras en Centros de Ensino Secundario, de FP e Bacharelato de Galicia  que se desenvolveu no período 2021-2023 co apoio do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social, POISES, convocado por Cepes e financiado polo FSE.

O Programa transcurriu durante os cursos 2021-2022 e 2022-2023 en centros de ensino galegos, e estivo conformado por varias actividades:

  • Seminarios: Unha sesión divulgativa sobre a fórmula cooperativa para emprender en colectivo.
  • Taller En Cooperativa : Unha actividade formativa de corta duración onde coñecer e traballar
    aspectos concretos do cooperativismo.
  • Plan de Empresa Cooperativo : Proceso de acompañamento a grupos promotores de proxectos pre-cooperativos, con orientación e asesoramento para a realización dun Plan de viabilidade.

A modalidade de realización das accións foi tanto en presencial como en virtual, para facilitar a participación do alumnado e atender as demandas de distintos territorios na comunidade.

“En Cooperativa” promoveu en 475 persoas un proceso de iniciación, formación e acompañamento que buscou favorecer a creación de cooperativas -sistemas de emprendemento democráticos que poden dar acceso ao mundo laboral-. O proxecto celebrou 18 seminarios, 10 talleres, e 6 plans de empresa en 10 centros de ensino de Galicia.

O Ensino Secundario é un dos ámbitos da nosa sociedade nos que compre incorporar programas sobre adquisición de competencias e aptitudes cooperativas emprendedoras contribuíndo a complementar a oferta educativa dos centros.

Participaron os seguintes centros de ensino :

  • CIFP SOMESO (A Coruña)
  • IES A CAÑIZA (A Cañiza, Pontevedra)
  • IES A GUÍA (Vigo, Pontevedra)
  • IES EDUARDO PONDAL (Ponteceso, A Coruña)
  • IES EUSEBIO DA GUARDA (A Coruña)
  • IES MONTECELO (Pontevedra)
  • IES TERRA DE SONEIRA (Vimianzo, A Coruña)
  • CIFP MANUEL ANTONIO (Vigo)
  • IES MACÍAS O NAMORADO (Padrón, A Coruña)
  • CIFP A CARBALLEIRA-Marcos Valcárcel (Ourense)

Trátase dun programa POISES (Programa operativo de inclusión social e economía social) financiado polo Fondo Social Europeo (FSE) e convocado por CEPES (Confederación empresarial española para a economía social).

 

Cofinancia: