Obradoiros de subvencións e fondos Next Generation

A cooperativa MedAtlantia, imparte dous obradoiros en liña gratuítos de interese para empresas cooperativas, será os días 3 e 7 de xullo sobre subvencións e fondos Next Generation:

Queremos informarvos dos próximos obradoiros en formato online, que se organizan no marco do PEL Axenda Emprende Accións de Apoio ao Emprendemento, dos proxectos PEL Relevo e PEL Rurinnova.

 

Estes obradoiros son gratuítos e están dirixidos ás emprendedoras e emprendedores da Rede Provincial de Coworking, así como ao público en xeral.

Para poder participar é preciso inscribirse.

Obradoiro | Subvencións, tramitación e control

Data de celebración: 3 de xullo de 2023

Horario: De 16:00-19.00

Programa:

-Presentación
-Que é unha subvención e onde atopalas?
-Procedementos, guías e formularios para a presentación dunha subvención
-Concesión e xestión das subvencións
-Dúbidas e aclaracións

Ligazón ao formulario de inscrición: aquí

Ligazón de zoom para acceder ao obradoiro: aquí

Obradoiro | Fondos Next Generation

Data de celebración: 7 de xullo de 2023

Horario: De 10:30-12:30

Programa:

-Presentación
-Que son os Next Generation e onde atopo información?
-Análise práctica
-Dúbidas e aclaracións

Ligazón ao formulario de inscrición: aquí

Ligazón de zoom para acceder ao obradoiro: aquí

Para máis información podedes contactar directamente en info@medatlantia.eu