Aberto o rexistro para a Rede de Mentoras ES-Mentoring, edición 2023

– Confirmación de Mentoras para a 2ª edición de ES-Mentorig, ata o 26 de xuño ás 12 h.
– Aberto o Rexistro para novas persoas Mentoras.


O Proxecto ES-MENTORING, é unha iniciativa de mentorización novidosa desenvolvida conxuntamente entre Agaca e EspazoCoop, en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade – Xunta de Galicia, co fin de apoiar e consolidar ás cooperativas e entidades de economía social galegas.

ES-MENTORING diríxese ás empresas da economía social que teñen unha necesidade específica, ou que están nun momento de crise, proceso de cambio, transformación, innovación, entre outros, e están interesadas en recibir orientación ou asesoramento sobre como enfocar a situación por parte de persoas expertas en economía social e que poidan ter pasado por situacións similares con anterioridade.

Promovemos a creación e continuidade da Rede de mentoras na economía social que permita compartir os coñecementos, vivencias e habilidades dos profesionais con experiencia con outras entidades da economía social que precisan implementar melloras.

Rexistro para Mentoras que xa forman parte da Rede

Se xa pertences á Rede de Mentoras do programa ES-MENTORING é preciso que confirmes a túa continuidade nesta edición de 2023 e a participación na formación, que é obrigatoria e gratuíta.

Accede ao rexistro neste enlace

Rexistro para Novas Mentoras

Se queres ser Mentora, accede para rexistrarte, neste enlace

Web do programa

https://es-mentoring.gal/

Contacto

E-mail: esmentoringal@gmail.com
Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias | Telf. 981 58 47 83
Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop | Telf. 981 57 55 78