Decálogo para unha cultura sustentable en Galicia

[Sectorial de Cultura – EspazoCoop]

Dende a Sectorial de Cultura da Unión de Cooperativas EspazoCoop queremos divulgar e apoiar o DECÁLOGO PARA UNHA CULTURA SUSTENTABLE EN GALICIA, elaborado a partir das conclusións extraídas das xornadas “Futuros presentes: conversas sobre cultura e sustentabilidade”, que foron promovidas dende o Consello da Cultura Galega o pasado mes de febreiro.

Invitamos ás diferentes administracións a telo en conta na planificación das súas políticas públicas:

Enlace ao decálogo: https://bit.ly/39J7Ato

 

EspazoCoop apoia o Decálogo conxuntamente con entidades, asociacións, e colectivos do ámbito cultural galego: como Escena Galega -Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas-, ou AGPXC -Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural-, entre outras máis.