Convenio entre o Ceesg e EspazoCoop

A Unión de Cooperativas EspazoCoop e o Ceesg asinaron recentemente un convenio co propósito de colaborar en iniciativas e proxectos que fomenten o emprego e o autoemprego e en especial que promovan o desenvolvemento de proxectos empresariais baixo a fórmula de cooperativa.

A través do mesmo, EspazoCoop comprométese a realizar actividades de información, asesoramento e formación en dita materia, e a atender individualmente ás persoas que soliciten orientación sobre a fórmula empresarial cooperativa.

Por parte do Ceesg, o compromiso que adquire, entre outros, é o de poñer en valor e visibilizar a fórmula de cooperativa de traballo, tendo como referente a EspazoCoop nesta materia e de cara a reforzar procesos formativos sobre a mesma.

Calquera tipo de actividade profesional pode organizarse mediante o réxime cooperativo, son empresas participativas, democráticas e autoxestionadas, están moi en consonancia con valores que a sociedade actual reclama e estima para os entornos de traballo. As empresas cooperativas son o máximo exponente do sector da Economía Social, sendo xeradoras de emprego en tempos de crise.

Para coñecer un pouco máis EspazoCoop podes consultar a súa web, enlace https://espazo.coop .

Para coñecer o Colexio de Educadorxs Sociais de Galicia -Ceesg- podes consultar a súa web aquí. O Colexio aglutina ás profesionais da Educación Social, unha actividade de carácter pedagóxico, xeradora de contextos educativos e accións mediadoras e formativas que posibilitan a incorporación da persoa ás redes sociais e á promoción cultural e social.