Cooperativas de Plataforma Xa!
Curso online para promover a economía dixital cooperativa.
[ 4ª edición . Inicio o 25 de Abril 2022 ]
O Curso online de emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas cooperativas dixitais e a creación dunha comunidade global.
[ Quen impulsa esta acción formativa especializada? ]
O curso online sobre Cooperativas de Plataformas Dixitais está promovido pola Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy co Instituto para a Economía Dixital Cooperativa de The New School (Nova York)
A Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora xunto a Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez, a través dun consorcio apoiado por CEPES (a Confederación empresarial española da economía social) e o Fondo Social Europeo-FSE.
Xa participaron 1.100 persoas de 63 países nas súas edicións previas que xeraron 300 iniciativas. Esta 4ª edición busca introducir e desenvolver ideas de plataforma cooperativas e inicia o 25 de Abril e finaliza o 11 de Xullo de 2022 (aínda que a inscrición permanecerá aberta ata o 2 de Maio). Para facilitar ás persoas interesadas no curso que conten con información de primeira man e resolvan as dúbidas sobre esta formación realizáronse xa dous Webinars de presentación os pasados 30 de marzo e 7 de abril, pero podes consultar o que precisen contactando con nós.
Web do Programa : plataformas.coop
[ Que son as Cooperativas de Plataforma? ]
As cooperativas de plataforma pretenden ofrecer unha alternativa ás economías e os negocios de plataforma dixital. Os seus obxetivos: crear traballo digno, estruturas de traballo e de decisión horizontais, tecendo redes, basadas na copropiedade e a cogobernanza.
[ Exemplos da Boa Economía Colaborativa: que iniciativas hai en marcha como cooperativas de plataforma? ]
Para que as valores e te inspires, aquí amosamos algúns exemplos de Cooperativas de plataforma:
– CoopCycle Xestión de entregas en bicicleta. Plataforma europea de software libre para ciclomensaxería, adicada unicamente a cooperativas para a xestión de entregas en bicicleta.
– Som Movilitat proxecto que xestiona a movilidade en coche eléctrico.
– Fairmondo mercado en liña para bens e servizos éticos (en Alemaña e Reino Unido)
– Stocksy cooperativa adicada á fotografía de stock.
[ Descrición do Curso: COOPERATIVAS DE PLATAFORMA XA! ]
A chegada da Covid acelerou a nivel global a crise do emprego digno e emancipador. Desde España ou Italia ata as partes máis recónditas de Brasil, Estados Unidos ou Indonesia, o virus non discrimina por status social, con todo o seu impacto social e económico non é o mesmo para todas as persoas afectadas. Os sectores do turismo, a educación, a arte… e sobre todo o colectivo de traballo temporal e pouco regulado así como os colectivos xa castigados de ingresos baixos, en risco de exclusión, a clase traballadora e as persoas migrantes, son as que máis están a sufrir.
A franxa social alárgase, a diferenza de salarios crece, a confianza nos gobernos volve cambalearse e máis e máis persoas ven o nacionalismo e o populismo como posible resposta. As persoas traballadoras perden poder sobre as súas propias vidas.
Que facemos ante esta situación? Como poden as persoas traballadoras retomar o control, organizarse e participar na construción dunha sociedade máis humana e xusta? A historia dinos que son os momentos máis adversos os que abren portas á creación de solucións outrora imposibles como o New Deal na Gran Depresión.
As Cooperativas de Plataforma poden xerar empregos de calidade a escala, xa!, e é que nun momento no que as grandes tecnolóxicas están a crecer de maneira alarmante, este curso non pretende soamente analizar a contorna, senón prover de ferramentas ás persoas emprendedoras para xerar cooperativas de plataforma.
Ademais, busca que as persoas participantes pasen a ser parte dunha rede global de persoas comprometidas co cambio, xa sexa desde o emprendemento, así como desde a investigación ou o desenvolvemento de políticas.
O cambio cara a unha economía realmente humana, inclusiva, xusta, de propiedade compartida e xestión democrática é posible.
O curso está composto por 2 partes:
- A primeira de catro módulos, ten como propósito xerar consciencia sobre o capitalismo de plataforma e dar a coñecer o modelo de traballo asociado.
- A segunda consta de dez módulos, onde baseados na metodoloxía de Mondragon Team Academy vívese unha experiencia de aprendizaxe en equipo, traballando desde un concepto ata desenvolvemento, testeo e presentación.
O curso ten unha dedicación estimada de 66 horas en total.
[ MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O CONTIDO E A PROGRAMACIÓN DO CURSO ]
Máis información sobre o contido e a programación do Curso na web da Universidade de Mondragón >> Neste enlace
[ APÚNTATE Á 4ª EDICIÓN ]
O Curso online de emprendemento en equipo que fomenta o desenvolvemento de novas plataformas cooperativas dixitais e a creación dunha comunidade global.
Apúntate á cuarta edición > short.gy/iH6ZzC
Contacta para obter máis información ou resolver dúbidas > contactar no email platformcoops@mondragon.eu // Tamén en Galicia a través da Unión de Cooperativas EspazoCoop, telf. 986 866 149 e email teresa@espazo.coop
[ Destinatarias]
Para aquelas persoas que:
– Queiran deseñar e prepararse para lanzar a súa cooperativa de plataforma.
– Persoas socias ou participantes en cooperativas ou startups existentes que queiran transformar a súa empresa en cooperativa de plataforma.
– Están involucradas en desenvolvemento de políticas.
– Traballan con colectivos emprendedores ou estudantís.
– Teña curiosidade sobre como se pode crear unha plataforma dixital máis ética a través das cooperativas de plataforma facendo uso da metodoloxía learning by doing (aprender facendo).
[ Que se traballa? ]
– Desenvolvemento dunha idea e un plan de acción para unha cooperativa de plataforma en equipo.
– Un maior entendemento do capitalismo de plataforma e a gig economy.
– Aprendizaxe sobre o modelo de cooperativa de traballo asociado.
[ Prezo e duración do curso]
– O curso é completamente en liña e para os participantes do estado ten un prezo de 150 € , con todo, hai un prezo reducido de 40 € para territorios en desenvolvemento, quérese que o curso sexa o máis inclusivo posible e para aqueles perfís que poidan ter dificultades económicas existe unha bolsa de axuda que financia parte do programa.
– Ao completar o curso recíbese un diploma expedido por The New School e Mondragon Unibertsitatea.
– É un curso de 14 semanas de duración.
[ Docencia]
Trebor Scholz Autor de ” Uberworked and Underpaid”, Trebor Scholz é un académico activista e director-fundador do Instituto para a Economía Dixital Cooperativa en The New School en Nova York.
Jose Mari Luzarraga Mosteiro Emprendedor social e socio en MONDRAGON dedicado ao traballo por unha globalización ao servizo de e centrada nas persoas a través do emprendemento de equipo. Co-fundador de Mondragón Team Academy ( MTA World) unha comunidade internacional de emprendedores de equipo e creadores do cambio a través da definición e implementación dunha nova visión da educación. ( ASHOKA fellow desde 2015).
Tamén podes contactar con nós na UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP
Telf. 986 866 149 – email teresa@espazo.coop