ES-Transforma 2026: axudas para apoiar a transformación de negocios en cooperativas

 

 

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publica as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais para a anualidade 2026.

Cal é a finalidade destas axudas?

Apoiar a creación de cooperativas e sociedades laborais, por persoas traballadoras de entidades con negocios en crise ou sen remuda xeracional, por persoas traballadoras autónomas ou mediante a transformación de todo tipo de sociedades, incluídas as cooperativas xuvenís.

Que entidades poden ser beneficiarias?

As cooperativas e sociedades laborais creadas nos tres anos anteriores á data da presentación da solicitude, que xurdan dalgún dos procesos regulados no número 1 do artigo 5 da orde e, ademais, cumpran os requisitos regulados nos números 2 e 3 do mesmo artigo.

Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos, as sociedades laborais ou cooperativas que xurdan dalgún dos seguintes procesos:

  • Constitución por ausencia de remuda xeracional.
  • Constitución por persoas autónomas.
  • Constitución por transformación.

Cales son os conceptos subvencionables?

  • Asesoramento legal para a constitución da cooperativa ou da sociedade laboral, así como para a transformación nunha destas entidades de economía social. Os gastos de rexistro, notaría e os informes legalmente preceptivos para o proceso de transformación.
  • Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.
  • Obtención de certificacións de calidade.
  • Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.
  • Plan de protección de datos.
  • Equipamento informático.
  • Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.
  • Mellora na eficiencia enerxética.
  • Adquisición de equipamento.
  • Reforma do local de negocio.
  • Mobiliario.
  • Elementos de transporte.
  • Aluguamento do local do centro de traballo.
  • Seguro de responsabilidade civil e responsabilidade civil de explotación do centro de traballo.

Ata cando se poden presentar as solicitudes?
O prazo de presentación de solicitudes remata o 15 de setembro de 2026.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude.