A Rede Eusumo organiza estes últimos días do mes de Novembro, dúas xornadas de promoción do cooperativismo nas localidades de Covelo e Narón :

 

Covelo, sábado 28 de Novembro de 2015 : xornada “Creando a nosa empresa, por onde empezamos?”

Esta xornada pretende ensinar a traballar a proposta de valor dun proxecto empresarial e amosar as vantaxes e particularidades da fórmula ‪cooperativa‬ como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais.

Ademais participarán as cooperativas de traballo, Árbore da Vida Celta, Rede Apoio e Pontebio

Esta xornada, dirixida a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego, realizarase o 28 de novembro na Casa do Concello do municipio de Covelo, e celebrarase en horario de mañá de 10:00 a 14:00h.
A xornada ten carácter gratuíto.
Prazo de inscrición: ata o 27 novembro do 2015.
Pódeste inscribir chamando aos telefonos 981 55 80 08 ou 986 65 00 27, ou ben facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico ao enderezo info@eusumo.coop ou info@concellodecovelo.es.

Fai clic : Díptico xornada de Covelo 28.11.15

 

Narón, luns 30 de Novembro de 2015 : xornada “Emprender baixo a fórmula cooperativa” 

Esta xornada realízase no Concello de ‎Narón‬ de 10:00 h. a 13:00 h.
A xornada ten carácter gratuíto.
Pódeste inscribir facilitando nome, DNI e correo electrónico en: info@eusumo.coop ou no teléfono: 981 558 008

Fai clic na imaxe (díptico xornada de Narón 30.11.15) : xornada Narón 30 Nov

 

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo e a ‪‎economía social‬ cofinanciada polo Fondo Social Europeo e impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.