Xornada ‘Tecendo Redes para o Emprendemento na ES’ | 6 de xullo

 

 

A xornada Tecendo Redes para o Emprendemento na Economía Social é unha iniciativa dentro do programa de colaboración que EspazoCoop realiza co Concello de Santiago de Compostela durante 2023.

Celébrase o xoves 6 de xullo de 10 a 12 horas, en Santiago de Compostela no Cersia Empresa, e está dirixida a persoas que realizan labores de recomendación, orientación e asesoramento ao emprendemento da área de Santiago.

O encontro busca reforzar redes de traballo entre as persoas e entidades do ecosistema prescriptor, dinamizar o traballo colaborativo e pór en valor servizos e recursos que xa existen para o emprendemento no cooperativismo e a economía social.

E integra, alén desta Xornada, a consolidación dunha ruta na que visitar cooperativas do municipio de Santiago de
Compostela, coa finalidade de dar a coñecer o tecido das cooperativas e deste modelo empresarial.

 

Roteiro Cooperativo en Santiago de Compostela o 6 de xullo, ás 16 h.

Esta liña de acción integra ademais, unha ruta na que visitar cooperativas do municipio de Santiago de Compostela, coa finalidade de dar a coñecer o tecido das cooperativas e este modelo empresarial.

Inscrición ao Roteiro: neste enlace

Prazo de inscrición ás actividades 4 de xullo de 2023.

Organiza e coordina: Unión de Cooperativas EspazoCoop  – www.espazo.coop

Contacto: 687 324 784 – ramon@espazo.coop

 

Organiza e coordina: Unión de Cooperativas EspazoCoop  – www.espazo.coop

Contacto: 687 324 784 – ramon@espazo.coop 

[Actividades dentro do Programa ‘Impulso dun ecosistema emprendedor na economía social’, no marco de Compostela Móvese 2023, do Concello de Santiago de Compostela].