“Dinamizando o local dende o cooperativismo” | xornada, 15 de decembro
[Actividade dentro do convenio de colaboración entre o Concello de A Coruña e a Unión de Cooperativas EspazoCoop 2022]
O xoves 15 de decembro celébrase na Coruña a xornada “Dinamizando o local dende o cooperativismo”, organizada ao abeiro do convenio de colaboración entre EspazoCoop e o Concello da Coruña co fin de visibilizar o modelo cooperativista no municipio e a comarca.
O encontro, que se realizará de 10 a 14 h no Centro Ágora, ofrece un programa que combina espazos de reflexión, relatorios, presentacións de cooperativas, intercooperación, networking, mostras e contidos lúdicos. Dirixida tanto a entidades do tecido socioeconómico como a persoas que estean interesadas en coñecer ou obter recursos e modelos de referencia para o emprender a través do modelo cooperativo, as actividades teñen como principais obxectivos:
- Difundir e poñer en valor o cooperativismo e as cooperativas da área de influencia do concello da Coruña entre o tecido socioeconómico, sociocomunitario e cidadanía en xeral, amosando a súa diversidade e versatilidade.
- Favorecer o coñecemento mutuo entre as cooperativas da área de influencia do municipio coruñés a nivel intersectorial, fomentando sinerxías e busca de solucións compartidas a problemas que, malia tamén selo, non sempre se afrontan de forma coordinada.
- Divulgar modelos, boas prácticas e contidos específicos da programación de actividades de fomento do cooperativismo realizada en colaboración co Concello da Coruña, que podan servir de base para a posta en marcha de novos proxectos ou a consolidar e impulsar os xa existentes.
Programa da xornada
10.00 h | Benvida institucional – Diana Sobral Cabanas, Concelleira de Comercio, Mercados e Barrios do Concello da Coruña, e Ana Olveira Blanco, Presidencia da Unión de Cooperativas EspazoCoop
10.10 h | Relatorio marco: “O cooperativismo e a economía social e solidaria como ferramenta transformadora no ámbito local” – Ana Olveira, Abeluria
11.00 h | Pitch elevator: “Coñecemos as cooperativas da área da Coruña” – 50pés Consultoras, Mala Herba Producións e Alén
11.05 h | Encontro de intercooperación das cooperativas do municipio da Coruña
11.05 h | Relatorio: “Ferramentas e recursos para o emprendemento e a consolidación das cooperativas” – Patane García (EspazoCoop), Antón Insúa (Coop57) e Aitor Novo (Aventeira)
12.00 h | Pausa-café
12.30 h | Mesa de experiencias – Arabías, Hábitat Social, Ítaca Software Libre, Simbiosis e Zocamiñoca
13.30 h | Mostra de actividades – Laboratorio Escénico
14.00 h | Remate da xornada
Dossier de participantes >> Dinamizando o local desde o cooperativismo
A asistencia a xornada é gratuíta previa inscrición nos seguintes formularios:
- Asistencia ao programa xeral: https://forms.gle/kyAAPn2GJfuamncz7
- Asistencia ao encontro de intercooperación (só para cooperativas da Coruña): https://forms.gle/Zd6CSE9YsSJkXjoP8
Data e horario: Xoves 15 de decembro de 2022, de 10.00 a 14.00 h.
Lugar: Centro Ágora da Coruña | Lugar Gramela, 17, A Coruña
Organiza e coordina: Unión de Cooperativas EspazoCoop – www.espazo.coop
Contacto para esta actividade: 665215031 – 7hcoop@7hcoop.gal