Jornada “Dinamizando lo local desde el cooperativismo” | 15 de diciembre

[Actividad dentro del convenio de colaboración entre el Concello de A Coruña y la Unión de Cooperativas EspazoCoop 2022]

 

O 15 de decembro celébrase na Coruña a xornada “Dinamizando o local dende o cooperativismo”, organizada ao abeiro do convenio de colaboración entre EspazoCoop e o Concello da Coruña co fin de visibilizar o modelo cooperativista no municipio e a comarca.

O encontro, que se realizará de 10 a 14 h no Centro Ágora, ofrece un programa que combina espazos de reflexión, relatorios, presentacións e contidos lúdicos. Dirixidas tanto a entidades do tecido socioeconómico como a persoas que estean interesadas en coñecer ou obter ferramentas para o emprender a través do modelo cooperativo, as actividades teñen como principais obxectivos:

  • Difundir e poñer en valor o cooperativismo e as cooperativas da área de influencia do concello da Coruña entre o tecido socioeconómico, sociocomunitario e cidadanía en xeral, amosando a súa diversidade e versatilidade.
  • Favorecer o coñecemento mutuo entre as cooperativas da área de influencia do municipio coruñés a nivel intersectorial, fomentando sinerxías e busca de solucións compartidas a problemas que, malia tamén selo, non sempre se afrontan de forma coordinada.
  • Divulgar modelos, boas prácticas e contidos específicos da programación de actividades de fomento do cooperativismo realizada en colaboración co Concello da Coruña, que podan servir de base para a posta en marcha de novos proxectos ou a consolidar e impulsar os xa existentes.

Programa da xornada

10.00 h | Benvida institucional – Diana Sobral Cabanas, Concelleira de Comercio, Mercados e Barrios do Concello da Coruña, e Ana Olveira Blanco, Presidencia da Unión de Cooperativas EspazoCoop

10.10 h | Relatorio marco: “O cooperativismo e a economía social e solidaria como ferramenta transformadora no ámbito local” – Ana Olveira, Abeluria

11.00 h | Pitch elevator: “Coñecemos as cooperativas da área da Coruña” – 50pés Consultoras, Mala Herba Producións e Alén

11.05 h | Encontro de intercooperación das cooperativas do municipio da Coruña

11.05 h | Relatorio: “Ferramentas e recursos para o emprendemento e a consolidación das cooperativas” – Patane García (EspazoCoop), Antón Insúa (Coop57) e Aitor Novo (Aventeira)

12.00 h | Pausa-café

12.30 h | Mesa de experiencias – Arabías, Hábitat Social, Ítaca Software Libre, Simbiosis e Zocamiñoca

13.30 h | Mostra de actividades – Laboratorio Escénico

14.00 h | Remate da xornada

A asistencia a xornada é gratuíta previa inscrición nos seguintes formularios:

Data e horario: Xoves 15 de decembro de 2022, de 10.00 a 14.00 h.

Lugar: Centro Ágora da Coruña | Lugar Gramela, 17, A Coruña

Organiza e coordina: Unión de Cooperativas EspazoCoop  – www.espazo.coop

Contacto para esta actividade: 665215031 – 7hcoop@7hcoop.gal