Xornada de Resultados do Programa ES-Mentoring

Acompañamento á Economía Social

O Proxecto ES-MENTORING, é unha iniciativa de mentorización novidosa desenvolvida conxuntamente entre Agaca e EspazoCoop, co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade co fin de apoiar e consolidar as entidades de economía social galegas, e presentará publicamente os resultados o día 26 de decembro de 2022.

 

ES-MENTORING diríxese ás empresas da economía social que teñen unha necesidade específica, que están nun momento de crise, nun proceso de cambio, transformación ou innovación, entre outras situacións, e están interesadas en recibir orientación sobre como enfocar a súa situación por parte de empresas da economía social e das persoas mentoras que poidan ter pasado por circunstancias similares.

Promovemos a creación dunha Rede de mentoras na economía social que permita compartir os coñecementos, as vivencias e as habilidades das profesionais con experiencia con outras organizacións e empresas da economía social que precisan ser mentorizadas e implementar melloras.

Presentación de resultados

A iniciativa ES-MENTORING, na súa primeira edición, é desenvolvida conxuntamente por Agaca e a Unión de Cooperativas EspazoCoop, coa colaboración da Xunta de Galicia. A presentación de resultados está prevista para o luns 26 de decembro no Hotel Puerta del Camino (rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n) en Santiago de Compostela.

A Xornada está destinada tanto ás mentoras participantes no programa como as organizacións mentorizadas nesta edición, ademais doutras entidades da economía social interesadas en coñecer este programa piloto (o Foro pola Economía Social Galega, Reas Galicia, as Comunidades de Montes, as Confrarías de Pescadores e Pescadoras, as Sociedades Laborais, as Cooperativas, …).

O programa, de 9.30 a 12.30 h., ten previsto ofrecer un Café antes da Benvida institucional a cargo da Xunta de Galicia, Agaca e EspazoCoop. A continuación, a presentación de resultados ES-MENTORING (por Teresa Balado,  Técnica de EspazoCoop), a seguir exposición de Prácticas de Mentoría ES-Mentoring (con casos de mentoras e mentorizadas), despois da súa finalización pecharase a xornada para ofrecer un Cóctel-Networking.

Consulta o Programa neste enlace

Asistencia previa inscrición neste enlace ata completar aforo.

Web do Programa ES-Mentoring: https://es-mentoring.gal/