Xornada ‘Axudas a Pemes e ao Emprendemento no PEL da Deputación da Coruña’

 

 

A Xornada Online Axudas a Pemes e ao Emprendemento no PEL da Deputación da Coruña é unha actividade do programa de colaboración que EspazoCoop realiza coa Deputación Provincial da Coruña durante 2022, que se celebra o xoves 1 de decembro de 10 a 13 h.

 

 

Nesta Xornada vanse  presentar as liñas de axudas para pequenas e medianas empresas e para o emprendemento que se promoven no Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña, tratando as oportunidades que representan para as empresas cooperativas, así como as necesidades de mellora que se teñen detectado para as mesmas.

Amosaranse boas prácticas de cooperativas respecto destas axudas e se realizará un pequeno espazo networking entre as participantes.

Obxetivos da xornada:

  • Mellorar o acceso, a xestión e o nivel de coñecemento sobre as axudas que a Deputación da Coruña convoca dentro do Plan de Emprego Local.
  • Resolución, por parte do persoal técnico da Deputación, das dúbidas que poidan xurdir sobre o proceso de solicitude e execución das axudas.
  • Traslado, por parte das persoas asistentes, das eivas identificadas en anteriores convocatorias e propostas de mellora como potenciais beneficiarias.

Data e Horario: Xoves 1 de decembro de 2022, de 10.00 a 13.00 h., a través da plataforma Zoom.

Fai clic para consultar o Programa e realizar a Inscrición:  ProgramaCartelInscrición

 

Organiza e coordina: Unión de Cooperativas EspazoCoop  – www.espazo.coop

Contacto para esta actividade: 623 301 533 – roberto@espazo.coop