O Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil celebra a súa 11 edición

Do 24 ao 26 de novembro celébrase en Vigo o Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil 2022 que este ano celebra a súa edición número once, no evento colabora EspazoCoop a través da súa Sectorial de Cooperativas de Ensino.

 

 

A Inauguración do evento terá lugar o xoves 24 de novembro a partir das 16 h. na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo, contando coa presenza de Marta Fernández-Tapias Núñez, Delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, José Luis Vázque López, Presidente do Instituto Cultura Ciencia e Tecnoloxía, Juan Enrique Pardo Froján, Director da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo (UVigo), e Antonio Miguel de Ron Pedreira, Membro do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

O Foro é unha iniciativa colaborativa, promovida pola escola cooperativa Colexio Plurilingüe Alborada de Vigo e o Institut El Cairat de Barcelona, xunto co Instituto Cultura Ciencia e Tecnoloxía (ICCT) e a Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.

Contará coa participación de máis de 85 escolares de educación Secundaria e do último ciclo de primaria, pertencentes a 8 centros de ensino de Galicia e Cataluña, entre eles 4 cooperativas de ensino membros da Unión de Cooperativas EspazoCoop:

  • Colexio Plurilingüe Alborada – Claimo S. Coop. Galega | Vigo (Pontevedra)
  • Colexio Santiago Apóstol S. Coop. Galega | Soutomaior (Pontevedra)
  • Colexio Eduardo Pondal S. Coop. Galega | Cangas (Pontevedra)
  • Colexio Possumus S. Coop. Galega | Vigo (Pontevedra)

Ademais dos centros, CPI Uxío Novoneira de Pedrafita (Lugo), Escola Bertrán de Sabadell (Barcelona), Instituto El Cairat (Barcelona), e o Colexio Maristas de Vigo.

O Foro de investigación naceu pola iniciativa dos centros educativos, entre os que se atopan as cooperativas de ensino, na procura da promoción da investigación, o traballo en equipo, o intercambio, e a divulgación entre o alumnado para adquirir as competencias básicas e motivalo no estudo práctico das ciencias experimentais, humanísticas, lingüísticas, etc., ademais de divulgar esta experiencia á comunidade escolar e estimulala a que se sume a este tipo de actividades.

Que outros obxetivos ten?
– Potenciar a investigación do alumnado de secundaria e metodoloxías que promovan a análise, a creatividade e o inxeñio.
– Fomentar a investigación como metodoloxía.
– Impulsar a difusión do seus resultados e a comunicación da ciencia.
– Introducir dinámicas que potencien o interese pola ciencia en xeral.
– Propiciar o acercamento das diferentes comunidades autónomas e países e o fomento da convivencia entre mozos e mozas de diferentes lugares.

No concreto o Foro celébrase para divulgar Traballos de Investigación, estes traballos serán expostos mediante presentación co apoio tecnolóxico que precise o grupo de alumnas/os participante. A metodoloxía empregada para esta iniciativa promove que ao longo do curso escolar se traballe en equipos, baixo a dirección e acompañamento do profesorado dos centros. Neste Foro presentan os traballos realizados, con actitude crítica e opinións encontradas ao redor da investigación científica, exporán e transmitirán todo o proceso realizado e as problemáticas atopadas no mesmo. Traballan solidariamente nos equipos con compromiso e practicando a cooperación, fomentando este tipo de relacións e de traballo.

Cartel, 11ª edición, aquí

Programa do Foro
No Programa previsto pódese apreciar a variedade de ámbitos temáticos dos 26 Traballos de Investigación que se presentarán:

  • Programa, aquí
  • Traballos de Investigación, resumos, aquí

O Acto de Clausura terá lugar o venres 25 de novembro ás 18 h., contando coa presenza de José Luis Vázquez López, Presidente do Instituto Cultura Ciencia e Tecnoloxía, Belén Rubio Armesto, Vicerreitora de Investigación da UVigo, José Pintado, Vicedirector de Cultura Científica do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), e Miguel Anxo Filgueira Touriño, Vicepresidente da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.

O día 26 está destinado a que os centros e as persoas participantes no Foro gocen de actividades lúdicas, este ano está prevista unha visita á localidade de Cangas do Morrado, á que chegarán en barco dende Vigo.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

 


[Dossier Dez edicións do Foro Intercomunitario de Investigación Xuvenil]