A Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación de Concellos de Dodro, Padrón, Rois e Valga coa colaboración da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar segue a apostar polo fomento do cooperativismo a través da Rede Eusumo.

Coa idea de dar a coñecer a fórmula empresarial cooperativa como unha boa opción de emprendemento entre persoas que buscan sacar adiante proxectos de iniciativa social, organízase a xornada de difusión “A fórmula cooperativa nos servizos sociais”, unha Xornada destinada a amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como o mellor modelo empresarial para impulsar proxectos de iniciativa social.

Esta xornada, dirixida tanto a persoas interesadas en impulsar proxectos sociais, como a persoas interesadas en formación relativa a actividades ligadas ás iniciativas sociais, terá lugar o día 11 de marzo en horario de 16:00 a 20:00, no Edificio de Usos Múltiples do Concello de Rois.

A través desta Xornada, os asistentes poderán:

– Coñecer o marco dos servizos sociais en Galicia.
– Achegar o modelo cooperativo a persoas que pretenden emprender no
sector de servizos sociais.
– Dar a coñecer referentes cooperativos neste sector.
– Mostrar os recursos e apoios existentes para impulsar proxectos
cooperativos no sector servizos sociais.

O obradoiro ten carácter gratuíto. Emitirase diploma de asistencia.
Prazo de inscrición: ata o 10 de marzo.
Pódese inscribir chamando aos telefonos 981 80 20 62 / 981 55 80 08 ou facilitando o seu nome, DNI, teléfono, data nacemento, dirección postal, email a : oficinafomentocooperativo@concellodedodro.orginfo@eusumo.coop.

Fai clic : Díptico da Xornada Servizos Sociais, Concello de Rois   – Cartel  –  Mailing