A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA organiza un encontro de apoio á xestión en cooperativas o xoves 24 de setembro de 2015 en Pontevedra : Xestión Eficiente do Tempo en Cooperativas, e sesión de Networking Cooperativo.

1 Xestión do tempo: Saber administrar o tempo trae moitos beneficios no entorno profesional e laboral, mellora resultados, mellora as relacións coas compañeiras/os (elimina interferencias, descoordinacións, malosentendidos…), a clientela amósame máis satisfeita, reduce o estres e aumenta a felicidade, lograredes facer máis con menos … Ven a saber máis !

2 Intercooperación: Sabías que a intercooperación contribúe a alcanzar con eficacia obxetivos comúns?, que buscar alianzas e sinerxias con outras cooperativas suma accións para acadar metas, afrontar retos, ou solucionar problemáticas xuntas? . Ven a intercooperar !

Será unha sesión de traballo mixta, no sentido de que, abordará na súa 1ª parte cuestións claves para unha xestión eficiente do tempo no ámbito laboral e de traballo, e na 2ª parte adicaremos o tempo a desenvolver unha dinámica de intercambio, de cara a favorecer a intercooperación das participantes, fomentando o coñecemento mutuo para impulsar procesos de colaboración.

Anímate a participar !

Destinatarias: cooperativas galegas prioritariamente, e entidades de economía social.

Lugar de celebración: Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, Avda. Montero Ríos s/n Pontevedra, en horario de 10 a 14 horas. Colabora : Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia.

Fai clic: PROGRAMA – INSCRICIÓN

Esta actividade está no marco da Rede Eusumo, da Xunta de Galicia.