Teleformación: “Impulsando un sistema emprendedor no cooperativismo e a economía social”
O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop colaboran, un ano máis, na posta en funcionamento de actividades de fomento do cooperativismo durante 2023. Ambas entidades levarán a cabo un Programa composto das seguintes liñas de acción: Formación, Tecendo redes, Roteiros Cooperativos, e Emprendemento Feminino.
Con estas liñas preténdese continuar creando un sistema favorecedor e facilitador do emprendemento cooperativo e de economía social entre persoas, profesionais e colectivos da área de Compostela.
O Plan de traballo está conformado por catro liñas de acción:
[ Liña 1, Formación ] ofrece 5 cursos en materia cooperativa:
- 1 acción de teleformación para persoas prescritoras de emprego e emprendemento, como axentes de difusión e creación de empresas entre as usuarias dos seus servizos: “Impulsando un Ecosistema Emprendedor para o Cooperativismo e a Economía Social”; inicio 18 de abril de 2023, 40 horas de duración , modalidade tele-formación, gratuíto: Programa – Cartel >> Inscrición
- 1 curso de “Formación de Titoras Xerenciais”, en modalidade mixta, realizado do 27 de febreiro ao 6 de marzo.
- Un Itinerario Formativo composto por 3 cursos para persoas con interese no emprendemento colectivo, previsto en setembro e outubro.
Os cursos desta Liña ofrecen un total de 120 horas de formación entre os meses de febreiro a outubro de 2023.
[ Liña 2, Tecendo Redes ] pretende xerar intercooperación, redes e alianzas, mediante a Xornada Tecendo Redes, prevista o 6 de xullo para crear sinerxias de colaboración e traballo a favor do cooperativismo. Información neste enlace
[ Liña 3, Roteiros Cooperativos ] desenvolvemento de varias edicións dunha Ruta na que visitar cooperativas coa finalidade de dar a coñecer e identificar cooperativas que están presentes, no día a día da cidadanía ao tempo que promocionar o modelo cooperativo, identificándoo con proxectos viables. A realización desta actividade realizarase nos meses de xullo a setembro de 2023. Información neste enlace
[ Liña 4, Emprendemento Feminino ] que contempla a realización da Xornada Emprendemento Feminino prevista no mes de xuño.
[ Capacitación para persoas prescritoras de emprego ]
No marco da primeira liña de traballo, a formación, plantéxase este curso de tele-formación para persoas relacionadas profesionalmente coa creación de empresas e o emprendemento.
Curso | “Impulsando un ecosistema emprendedor no cooperativismo e a economía social”
Do 18 de abril ao 23 de maio | 40 h. | Teleformación | Gratuíta |Programa– Cartel >> Inscrición